Toledo acolleu a celebración das XXIII Jornadas Nacionales sobre la Función Consultiva, nas que participou unha delegación do Consello Consultivo de Galicia
Toledo acolleu a celebración das XXIII Jornadas Nacionales sobre la Función Consultiva, nas que participou unha delegación do Consello Consultivo de Galicia
Lograron un notable éxito de asistencia de membros de órganos consultivos autonómicos e do Consejo de Estado.
Os temas tratados incluíron o impacto da intelixencia artificial no ámbito xurídico e na función consultiva, a mellora da técnica lexislativa para garantir a claridade normativa, e a responsabilidade do contratista en reclamacións patrimoniais, ademais da revisión de oficio en procesos de selección de persoal.
As próximas xornadas celebraranse na illa de Eivissa, organizadas polo Consell Consultiu de les Illes Balears
Santiago, 7 de outubro de 2024. Os días 25, 26 e 27 de setembro tiveron lugar en Toledo, as ‘XXIII Jornadas Nacionales sobre la Función Consultiva’. Nesta ocasión, a organización do evento estivo a cargo do Consejo Consultivo de Castilla-La Mancha, presidido por Francisco Javier de Irizar Ortega, e contou cun notable éxito de asistencia de integrantes dos órganos consultivos autonómicos, así como do Consejo de Estado.
As xornadas iniciáronse o día 25 de setembro cunha cálida recepción e presentación por parte do organismo consultivo de Castilla-La Mancha no edificio histórico que alberga a súa sede, denominado “Casa de la Moneda”, e desenvolvéronse ao longo dos dous días seguintes.
A inauguración contou coa presenza da presidenta do Consejo de Estado, Carmen Calvo, e posteriormente abordáronse distintos relatorios sobre asuntos de actualidade e interese para a función consultiva.
Entre eles, destacan sendas exposicións sobre a incidencia da intelixencia artificial no eido xurídico e en especial na función consultiva, onde se analizou o réxime xurídico da intelixencia artificial -con especial atención na recente aprobación do Regulamento UE 2024/1689- e as implicacións que a tecnoloxía actual xera sobre a actividade das administracións públicas así como as oportunidades e desafíos que presenta.
Tamén se presentou un relatorio sobre a calidade do procedemento normativo e o principio de seguridade xurídica, de grande transcendencia na actualidade, e sobre o que se ofreceu un completo panorama para mellorar a técnica de redacción lexislativa a fin de dotar de maior simplicidade e clareza aos textos normativos.
Así mesmo, houbo espazo para tratar sobre a responsabilidade do contratista nas reclamacións patrimoniais fronte á Administración, con ánimo de lograr que -malia a complexidade e diferentes arestas que presenta este tema- se propoñan solucións homoxéneas que permitan a tutela dos diferentes intereses afectados a través de procedementos eficaces. E finalmente, tampouco podía faltar outra temática na que son especialistas os órganos consultivos, como é a revisión de oficio de actos administrativos, neste caso centrándose na concreta casuística e problemática que presentan os procedementos de selección de persoal.
As xornadas contaron cun grande nivel nos relatorios, entre os que se atoparon Isaac Martín Delgado, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Castilla-La Mancha; Moisés Barrios Andrés, letrado do Consejo de Estado; Joaquín Messeguer Yebra, académico da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación; Francisco Eusebio Puerta Seguido, profesor titular de Dereito Administrativo e presidente do Jurado de Valoraciones de Castilla-La Mancha e Miguel Sánchez Morón, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Alcalá de Henares.
O evento, que se desenvolveu ao longo de tres xornadas na capital de Castilla-La Mancha, concluíu coa intervención do alcalde da cidade, Carlos Velázquez. Durante o seu discurso, destacou a relevancia das conclusións alcanzadas nestas xornadas, manifestando o seu interese en aplicalas á xestión municipal, particularmente no ámbito urbanístico. Salientou a importancia de reflexionar sobre os procedementos administrativos, co obxectivo de mellorar tanto a calidade como a seguridade xurídica neste campo.
Desde o Consello Consultivo de Galicia queremos agradecer a hospitalaria acollida coa que nos agasallaron todo o persoal do Consejo Consultivo de Castilla-La Mancha, así como trasladar os nosos máis efusivos parabéns pola excelente organización e calidade das xornadas.
Con gran expectativa, agardamos as próximas xornadas dedicadas á función consultiva, as cales estarán organizadas polo Consell Consultiu de les Illes Balears e celebraranse na illa de Eivissa, tal como anunciou na clausura Araceli Muñoz, conselleira do Consejo Consultivo de Castilla-La Mancha.
(Carmen Calvo, presidenta do Consejo de Estado, co conselleiro Alberte Souto e a secretaria do Pleno e das Seccións, Vanessa Brea)
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.