COMISIÓN DA TRANSPARENCIA DE GALICIA

COMISIÓN DA TRANSPARENCIA DE GALICIA

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, creou a Comisión da Transparencia de Galicia, que é un órgano colexiado independente, cuxa función é a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública.

Tras a modificación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, operada a través da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, a Comisión da Transparencia de Galicia segue a configurarse como un órgano colexiado independente, pero a partir do 1 de maio de 2026 pasa a estar adscrita ao Consello Consultivo de Galicia, ao tempo que a Presidencia deste Consello asume as funcións do Comisionado da Transparencia.

O Comisionado da Transparencia e a Comisión da Transparencia actuarán con separación das súas funcións respecto das outras que lle correspondan ao Consello Consultivo de Galicia, se ben contarán cos medios persoais e materiais asignados a esta institución.

Para máis información pode consultar o enlace: Comisión da Transparencia de Galicia.

Galego