Andrés Lago Louro asume a presidencia do Consello Consultivo de Galicia nunha emotiva cerimonia marcada pola unidade institucional e o compromiso coa legalidade
Andrés Lago Louro asume a presidencia do Consello Consultivo de Galicia nunha emotiva cerimonia marcada pola unidade institucional e o compromiso coa legalidade
José Antonio Fernández Vázquez, presidente saínte, destacou a alta capacidade e profesionalidade do equipo que herda Andrés Lago Louro, ofrecéndolle a súa colaboración e desexándolle éxito no seu mandato.
Lago Louro subliñou o papel crucial do Consello Consultivo como garante da legalidade e do Estado de Dereito, e salientou a importancia do bo funcionamento da Administración de Xustiza nunha democracia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou a traxectoria de Lago Louro, afirmando que a súa “ilusión e claridade sobre o que pode achegar neste novo posto” xéranlle gran tranquilidade, e destacou a importancia do Consello Consultivo para garantir un marco xurídico sólido en Galicia.
Santiago, 11 de outubro de 2024. Hoxe tivo lugar o acto de toma de posesión de Andrés Lago Louro como novo presidente do Consello Consultivo de Galicia, nunha cerimonia marcada pola emoción e o respaldo institucional. O evento foi presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e contou coa presenza dos conselleiros do supremo órgano consultivo da Xunta e administracións públicas de Galicia que, por unanimidade, elixiron a Lago Louro presidente o pasado 2 de outubro.
Tras as palabras de benvida do presidente saínte, José Antonio Fernández Vázquez, procedeuse á lectura do decreto de nomeamento por parte do secretario xeral, José Ángel Oreiro Romar. O novo presidente optou pola fórmula do xuramento, e seguidamente dirixiuse aos asistentes, entre os que se atopaban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado; o vogal territorial de Galicia no Consejo General del Poder Judicial, José Luis Costa Pillado; a presidenta da Sala de Contencioso Administrativo do TSXG, Dolores Rivera Frade; o conselleiro maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro Fernández; o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez Álvarez; a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo, así como outros cargos do Goberno galego mais a súa familia e amigos.
Na súa intervención, José Antonio Férnandez Vázquez destacou que Andrés Lago Louro “herda un persoal, tamén os conselleiros, da máis alta capacidade e profesionalidade”, desexándolle éxito no seu mandato e ofrecendo a súa plena colaboración.
O novo presidente, pola súa banda, expresou o seu orgullo por asumir a presidencia desta institución, afirmando: “O Consello Consultivo de Galicia, para min, é un orgullo. É un orgullo porque a función que ten é garantir a legalidade, a vixencia do Estado de Dereito, é algo que debemos poñer en valor”. Ademais, Lago Louro quixo salientar que “non nos olvidemos nunca un bo funcionamento da Administración de Xustiza é a garantía máis esencial dun Estado democrático e dun Estado de dereito”, subliñando o papel crave da xustiza nunha democracia sólida.
Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou a ampla traxectoria de Lago Louro, sinalando a súa capacidade como xuíz e a súa aptitude para liderar o Consello. “A ilusión, o claro que tiña que podía seguir aportando neste novo posto, a min déixame moi tranquilo”, ratificou o presidente durante o acto, no que fixo fincapé no papel fundamental deste organismo para garantir un marco xurídico sólido na comunidade e o bo funcionamento da Administración autonómica e local. Ademais, pediulle ao novo presidente que siga habendo “proactividade para facer propostas de asuntos que se poden mellorar na esfera das súas competencias”.
Finalmente, nas súas intervencións, tanto o presidente saínte como o novo presidente, así como o titular da Xunta, coincidiron en destacar a brillantez do Consello Consultivo baixo a presidencia do maxistrado José Luis Costa Pillado, quen ascendeu recentemente a vogal do Consejo General del Poder Judicial. Todos subliñaron a súa excelente xestión e o seu papel fundamental nos últimos anos, dignificando o labor do organismo.
O presidente, flanqueado polos conselleiros Ignacio Aranguren (á súa dereita), José Antonio Fernández Vázquez (á súa esquerda), Alberte Souto e a conselleira Nora Martínez. Foto: Pepe Ferrín
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.