LexIA

 

No apartado tecnolóxico, cabe unha mención especial ao proxecto LexIA, que foi presentado en setembro de 2024, como un avatar creado con intelixencia artificial e deseñado para achegar á cidadanía as decisións e ditames máis relevantes.
 
Impulsado por persoal do Consello Consultivo de Galicia,  LexIA xurdiu como un proxecto innovador, moderno e accesible, que daba apoio á promoción da lingua galega no eido xurídico. Este avatar naceu como unha ferramenta fundamental para divulgar a actividade do órgano consultivo de forma clara e sinxela na web, nas redes sociais oficiais e para presentar cursos formativos.
 
En xaneiro de 2025 tivo lugar a recepción oficial do galardón dos VI Premios ao Empregado Público Innovador ao desenvolvemento de LexIA. Asemade, no mes de maio de 2025, o avatar do Consello Consultivo de Galicia, acadou o segundo posto na categoría de Transformación Dixital dos Premios de Internet 2025 (30ª edición), quedando moi preto da gañadora, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), e superando na final ao Ministerio de Xustiza.
Galego