Costa Pillado: “As cantidades que se presupostaron para o presente exercicio foron suficientes para que o Consello Consultivo exercese con dignidade e con eficacia as súas funcións”
Comparecencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia na Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia
O presuposto previsto para 2023 suma un total de 2.283.307 euros, o que supón un incremento do 3,93 % respecto do 2022
“É un orzamento reducido, representa o 0,018 % do global da comunidade autónoma”, explica José Luis Costa Pillado
“Arredor dun 85 % das ocasións as administracións actúan de conformidade co criterio emitido por esta institución consultiva”
Finalizarase o ano con máis de 500 asuntos ditaminados ou informados
Santiago de Compostela. O pasado día 2 de novembro do 2022 compareceu na Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia o presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, “con motivo da obligación” deste órgano “de expoñer ou presentar os presupostos anuais, que se son aprobados polo Parlamento, quedarán integrados nos Orzamentos xerais da comunidade autónoma”.
En palabras de Costa Pillado, “o Pleno aprobou por unanimidade estes orzamentos e considerou que as cantidades que se presupostaron para o presente exercicio foron suficientes para que o Consello Consultivo exercese con dignidade e con eficacia as súas funcións” e se acadasen satisfacer as necesidades dos capítulos I (gastos de persoal), II (gastos correntes en bens e servizos) e VI (investimentos reais), unha estrutura igual que en exercicios anteriores.
O orzamento do Consello Consultivo de Galicia previsto para o ano 2023 suma un total de 2.283.307 €, o que supón un incremento do 3,93 % con respecto do ano 2022, que afecta en exclusiva ao capítulo I. É un orzamento reducido, representa o 0,018 % do global da comunidade autónoma, mais é de grande importancia para o funcionamento dunha institución como o Consello Consultivo. E ademais, o 82,66 % desa cantidade é para atender os gastos de persoal”.
Sinalou tamén, xunto ao secretario xeral, José Oreiro, que “coa pandemia, a dedicación de todo o persoal foi plenamente excepcional na cantidade e na calidade”, porque ese traballo nos permite finalizar o ano con máis de 500 asuntos ditaminados ou informados”, temas “de importancia e trascendencia, non bagatelas”. De feito, recordou que a institución “xa non coñece asuntos de carácter menor desde que o Parlamento aprobou a Lei 3/2014, do 24 de abril, co fin de “extraer as potencialidades do Consello Consultivo en beneficio da comunidade autónoma e das Administracións, e para a cidadanía en xeral”.
Medir a calidade dun servizo non é tan doado como medir a cantidade das súas prestacións, mais hai un factor que pon de manifesto o alto nivel técnico dos ditames e informes e “a súa auctoritas como órgano consultivo: arredor dun 85 % das ocasións as administracións actúan de conformidade co criterio emitido por esta institución consultiva”, afirmou Costa Pillado, que destacou que o prazo medio de emisión de ditames no ano 2021 foi de 23,90 días, incluídas as prórrogas, mentres que no ano 2022 foi de 21,72 días, incluídas as prórrogas.
Cabe engadir que o Consello Consultivo non cesou a súa actividade tras a declaración do estado de alarma, pero ao igual que noutras administracións públicas de Galicia, adoptáronse medidas como o teletraballo para seguir levando a cabo a súa actividade consultiva sen prexuízo para as administracións e a cidadanía. Deste xeito non soamente se conseguiu continuar coa actividade ordinaria do Consello, senón que ademais a situación sanitaria non produciu retrasos na mesma.
Reclamacións por materias
Do total de expedientes remitidos para o seu exame por parte deste órgano consultivo, de acordo coa materia obxecto de ditame, o maior número segue correspondendo a reclamacións de responsabilidade patrimonial, seguidos das revisións de oficio de actos administrativos, dos contratos administrativos, e dos proxectos de normas xerais.
As reclamacións patrimoniais sanitarias, “que se incrementan día a día”, son unha materia moi delicada e necesita “que afinemos moito a sensibilidade xurídica”, sinalou. “Neste momento” pode dicirse que “a contía das reclamacións sobre os temas que ditaminamos ascende a 59 millóns”.
Este ano tamén houbo varios ditames en relación con reclamacións por danos, sobre todo por mor das medidas para facer fronte ao covid e derivadas polas Administracións, en particular pola Administración autonómica galega. “Estou a referirme ao peche de establecementos, limitacións de horarios, de aforo… En todos eses casos”, dixo o presidente, “o Consello Consultivo de Galicia entendeu que non había lugar a indemnización por este supostos danos, porque de habelos, non serían antixurídicos, pois os afectados tiñan o deber xurídico de soportalos”.
Ademais, a crise económica “que estamos pasando ten un reflexo moi importante no incremento de conflitos en materia de contratación administrativa. Refírome, fundamentalmente, a contratos administrativos por incumprimento dos contratistas, a maioría das veces derivados dos incrementos dos prezos dos materiais. A contía deste tipo de reclamacións de resolución de contratos que tivemos a oportunidade de coñecer chegan a 104 millóns de euros”, sinalou Costa Pillado.
Dentro dos informes, salientou, “o que máis relevancia tivo este ano foi o relativo ás competencias da comunidade autónoma en materia de ordenación do litoral”.
Para pechar a súa comparecencia, o presidente do supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da comunidade autónoma enfatizou que “nós temos o convencemento de que estamos facendo unha boa labor, cremos que temos un recoñecemento importante das Administracións e da sociedade en canto ao noso traballo, percibimos que a ‘auctoritas’ do Consello Consultivo vese reforzada e seguiremos nesta liña. O noso é un traballo que non consiste en controlar a legalidade das actuacións das administracións -iso lles corresponde aos xuíces-, senón de servir a esas administracións para proporcionarlles os instrumentos xurídicos precisos para que estas poidan formar máis adecuadamente a súa vontade decisoria”.
Valoración dos grupos parlamentarios
Pola súa parte, os grupos BNG e Partido Popular valoraron positivamente o traballo realizado polo Consello Consultivo de Galicia, mais o PSdeG insistiu en que debe acometerse unha reforma do marco normativo deste órgano.
O presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, na comparecencia esta semana./ Imaxe cedida polo Parlamento de Galicia.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.