Carmen López, no salón de Plenos do Consello Consultivo de Galicia.
Carmen López: “Estou convencida de que o sector público pode ser unha boa opción para min nun futuro”
Carmen López Díaz é estudante do cuarto ano do Grao en Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Ten 21 anos e entre as súas afeccións están a lectura, a gastronomía e pasar tempo coas súas amigas. Como primeira alumna en prácticas no Consello Consultivo de Galicia, conta nesta entrevista que o que lle motivou “a cursar o meu grao foi a miña curiosidade polo mundo xurídico e a miña interese nas variadas saídas profesionais deste. É certo que non foi a miña opción fixa cando rematei a selectividade, pois tamén baraxei estudar Historia ou un dobre grao en Dereito e Ciencias Políticas. Rematei decantándome por Dereito en Santiago de Compostela e estou moi satisfeita coa miña escolla”.
Como transcorreu o teu tempo no Consello Consultivo? Cales eran os teus labores e de que maneira levábalos a cabo?
Durante o mes de novembro realicei as miñas prácticas no Consello Consultivo de Galicia. O meu horario de prácticas permitiume compaxinalas coas clases na facultade, aproveitando así o tempo ao máximo. A distribución das horas entre tres titores diferentes e tres grandes áreas do Consello Consultivo resultou moi enriquecedor para a miña formación práctica. Traballei sobre tres bloques fundamentais da actividade da institución: a responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas, a revisión de oficio de actos administrativos e a resolución de contratos administrativos. Podendo deste modo, coñecer actividade do Consello coa man dos ditames.
Respecto a cada un dos tres bloques do practicumo método de traballo era similar: primeiro, unha pequena introdución teórica sobre a materia a tratar e de seguido, traballo autónomo sobre expedientes administrativos seguindo a liña dos ditames do Consello Consultivo, cun posterior despacho das ideas e reflexións co titor correspondente. Os meus cometidos foron realizados baixo as instrucións do titor ou titora e consultando varias fontes de información como manuais, mementos, xurisprudencia e mesmo ditames anteriores na base de datos de doutrina do Consello Consultivo.
Ao ter contacto directo co sector público, pensas que é unha boa opción para ti? Ou che gustaría apostar máis polo ámbito privado?
A miña experiencia no Consello como toma de contacto co traballo no sector público foi moi satisfactoria e claramente creo que pode encaixar comigo, pois coñecín un ambiente cercano, disposto a axudar en calquera momento pero tamén moi eficiente e idóneo para ter unha formación continua ao longo da miña carreira. Por todo isto, estou convencida de que o sector público pode ser una boa opción para min nun futuro. Con todo, non tiven a oportunidade de realizar prácticas no ámbito privado, polo que descoñezo como sería a experiencia nese ámbito.
E agora, que estás a facer. Cales son os teus plans máis inmediatos? E a medio-longo prazo?
Os meus plans máis inmediatos, no mes de febreiro, son continuar co meu Traballo de Fin de Grao e realizar unha viaxe de fin de exames coas miñas amigas. A medio-longo prazo, gustaríame realizar unhas prácticas extracurriculares nun despacho de avogados en Ferrol ou Santiago de Compostela e tamén conseguir un nivel avanzado de inglés da man dun exame oficial.
Cal sería o teu balance? Recomendarías a outros alumnos facer as prácticas aquí?
O meu balance foi máis que positivo, estou moi agradecida por esta experiencia tan enriquecedora. Na miña opinión, non só polo traballo estritamente curricular das prácticas senón tamén pola experiencia de ter traballado con magníficos profesionais. Profesionais como o secretario xeral, José Ángel Oreiro Romar; a letrada Carmen María Salgueiro Moreira e a conselleira, Nora María Martínez Yáñez, dos que aprendín tres enfoques diferentes da actividade do Consello.
Recomendaríalle aos meus compañeiros realizar as prácticas no Consello pois considero que o trato tan cercano cos titores e as áreas temáticas que se abordan resultan de grande interese para calquera alumno que desexe profundar na súa formación no ámbito práctico no sector público.
Coñecías xa a existencia do Consello Consultivo de Galicia e en que consiste o seu labor, Carmen?
Si, coñecía a existencia do Consello Consultivo pero só por una mención nunha clase de Dereito Administrativo sobre a labor dos ditames do Consello de Estado e Consello Consultivo. Non obstante, a maiores desa simple mención non coñecía especialmente a labor do Consello.
Gustaríame saber a túa opinión acerca da noticia que saíu publicada hai unhas semanas e que conta que “un centenar de interinos da Administración de Xustiza teñen a oportunidade de converterse en letrados con praza fixa en propiedade sen ter que opositar”.
Pois por unha banda estou a favor desta medida pois entendo que suporía unha estabilización do emprego no sector público, neste caso para os letrados da Administración de Xustiza. Malia, por outra banda, entendendo que pode despertar escepticismo, pois ao eliminar o sistema de oposición pode dar lugar a un sistema máis desigual.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.