XXI Xornadas Nacionais da Función Consultiva

Os días 22 e 23 de setembro terán lugar en Santa Cruz de la Palma as XXI Xornadas Nacionais da Función Consultiva, organizadas nesta edición polo Consello Consultivo de Canarias, que preside Pablo Matos Mascareño.

 

Nelas, a participación do Consello de Estado é ampla e plural: a presidenta do Consello, María Teresa Fernández de la Vega, intervirá no acto de inauguración e no de clausura; o conselleiro permanente e presidente da sección Cuarta, Fernando Ledesma, falará de ‘A revisión de oficio como procedemento habitual de convalidación e pago de contratos nulos de pleno dereito. O seu uso anómalo por parte das Administracións Públicas’; e a letrada Pilar Cuesta formará parte do panel que reflexionará sobre ‘A responsabilidade patrimonial das Administracións Publicas como consecuencia de actos lexislativos. Análise dos supostos e requisitos de responsabilidade do Estado lexislador’.

 

Ademais, estas xornadas contarán coa asistencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, que coincidirá na Palma coas súas homólogas na Comuninat Valenciana, Margarita Soler Sánchez; en Andalucía, María Jesús Gallardo Castillo; e no Principado de Asturias, Begoña Sesma Sánchez.

 

Programa XXI Jornadas Funcion Consultiva

 

Para máis información: https://www.consejo-estado.es/evento/xxi-jornadas-nacionales-de-la-funcion-consultiva/

Galego