Javier Rodríguez Barreiro, no salón de Plenos do Consello Consultivo de Galicia.
O último, que non derradeiro, alumno en prácticas que pasou polo Consello Consultivo de Galicia é Javier Rodríguez Barreiro, picheleiro do 1968, e alumno do Colexio Peleteiro ata 5º, para rematar a EXB no Xuventude. Conta ao principio da nosa conversa que despois aprobou “unha oposición para ir aos Institutos Politécnicos do Exército en Madrid, onde estiven tres anos estudando e logo como profesional dos talleres do Exército”.
Pero os camiños da vida leváronno a traballar novo: “Fixen familia, tiven aos fillos…, pero chegou un momento en que tiña unha espiña cravada… e por iso retomei os estudos que tiña un pouco aí aparcados”.
De feito, teño fillos desa idade (ri).
Foi gracioso porque o primeiro día que entrei pensaron que era o profesor, calaron todos a boca ata que me sentei na grada. Eu son unha persoa participativa na clase… entón, non recordo se foi ao remate da primeira clase o da segunda, xa falaron comigo para meterme no seu grupo de WhatsApp (que de primeiras pensaba que era para estudar, pero era para ir de festa… e non perdín unha!). Ata che rexuvenece xuntarte con xente nova. Ademais, hai na Universidade moita xente nova que se esforza e que ten moita capacidade.
E bueno, penso que paga a pena sempre formarse, aínda que hoxe en día escoitas a moita xente nova dicir que os estudos non serven, que hai quen ten o grao e traballa no McDonalds… Pode ser, pero o que non hai é xente sen o grao traballando de letrado.
A formación non é que te garanta nada hoxe en día, pero é verdade que che pode abrir máis portas.
O remate final disto sería que, aínda que non vaias traballar do que estudes, como persoa calquera información vaite encher e axudar a atopar o teu camiño, sobre todo se fas algo que che guste.
Si me gustaría lembrar que despois no 2015 precipitáronse un pouco as cousas. Explícome. Entre que eu traballaba en Saint Gobain e nese momento fixeron un ERE e estaban botando a todo o mundo, e non sabía moi ben o que ía facer… e que nese momento diagnosticáronlle a meu pai un cancro moi avanzado en grao 3… (Dous meses, imaxínate) E nese tempo que pasei co meu pai, díxome unha vez: “Unha pena que ti non estudaras, eras bo estudando”.
A verdade é que foi imprescindible. Sen ela penso que non tería arrancado cos estudos porque en xeral tanto a niña muller como a miña nai estiveron nos momentos que máis falta me facía porque non é doado cando un empeza a estudar a esta idade e con fillos adolescentes, mantendo a casa…
Cando sacan as ofertas de prácticas na Universidade, hai unha listaxe de vacantes nas institucións, bufetes, e ver o Consello Consultivo sorprendeume moito. A min, que me gusta o Administrativo, a función do Consello como garante dos dereitos dos cidadáns é moi interesante, pero antes non había a oportunidade de facer as prácticas aquí; así que encontreime coa sorpresa de ver que había prazas, poucas, pero por sorte a niña nota media permitiume estar, e aquí estou.
Si, penso que é das máis complexas porque é unha normativa que se renova moito, que ten moitas fontes. Empezamos cos concellos, ordenanzas, pasando por normas autonómicas, leis de bases estatais… Entón tes que estar moi atento ás novas leis que saen e que poden derrogar outras. Ademais, a técnica normativa do noso lexislador deixa bastante que desexar porque ao mellor para reformar o Código Civil, métencho nunha disposición adicional dunha lei que non ten nada que ver, pero precisamente é o que me gusta do Dereito.
O Constitucional é, por exemplo, un dereito bastante parado; de feito as reformas constitucionais son bastante difíciles de sacar adiante. Eu ao mellor necesito algo máis dinámico, que me faga sentir máis vivo.
Do que me arrepinto é de non coller as prácticas dos dous cuatrimestres aquí. Eu fixen as primeiras no Parlamento de Galicia, unha experiencia vital que hai que vivila (a vida parlamentaria está ben), pero á miña formación xurídica non lle saquei moito, a verdade. Con todo, aquí era aprender todos os días algo. Non puiden escoller mellor.
Unhas semanas estiven vendo temas de responsabilidade patrimonial, o tema das nulidades, anulacións de contratos públicos… Cada un destes tres bloques ten as súas peculiaridades. Os meus titores ensináronme ben a engrenaxe. O Consello Consultivo é moi cirúrxico á hora de analizar as cousas. No momento que ves e colles os conceptos, avanzas. Tiven moi bos titores que me fixeron ver que todas as pezas encaixaban no puzle.
Fíxoseme moi curto o mes. Hai que entender que o mes de prácticas é como unha asignatura (fas catro horas ao día, cando nunha materia fas unha hora). Foi un dos meses máis proveitosos que puiden ter na carreira polo que é a aplicación práctica dos coñecementos que adquires e coller os conceptos de como aplicar esas teorías á práctica.
A súa existencia está máis que xustificada. Por exemplo, cando falas do funcionamento da Administración, esta ás veces vese limitada pola propia actuación do Consello. Por exemplo, cando o Consello emite informes que son preceptivos e vinculantes como no caso das nulidades, a Administración non se pode apartar do que faga o Consello.
De feito, eu faría que os ditames foran preceptivos e vinculantes, porque moitas veces cando dis “é preceptivo pero non vinculante”, a Administración pode apartarse do criterio do Consello, pero eu penso, como futuro letrado, que se teño un cliente que chega ao meu despacho dicindo: o informe do Consultivo era este, pero a Administración fixo o contrario, pois teríamos a mitade da demanda feita polo Consello Consultivo, porque tal e como analizan a lei, se o Consello di que non e a Administración di que si, quedo co que pensa o Consello porque analizan todo moi cirurxicamente con xurisprudencia, doutrina, e penso que é como un tope aos abusos que ás veces fai a Administración.
Quizais quedaríame cos momentos nos que con cada titor collín as engrenaxes para aplicar na materia. Cando un descobre algo novo e ves como encaixan as pezas (claro, o primeiro día andas un pouco perdido cando che dan as materias), ábrese un mundo novo.
Os meus titores foron o secretario xeral, José Oreiro, con que aprendín o tema da identificación dos rasgos da responsabilidade patrimonial; a conselleira, Nora Martínez, con quen tratei contratos; e a letrada Carmen Salgueiro, unha persoa metódica que me ensinou as formas.
A idea é facer o Máster de Avogacía para exercer de avogado. Xa estiven en contacto con alguna asociación que traballa con persoas vulnerables, que non teñen acceso polos seus medios a unha boa defensa e ao mellor tampouco están nos tramos da asistencia xurídica gratuíta, e hai moita xente que está no limbo. Creo que non teño idade xa para desenvolver unha carreira con vistas a facer trinta anos de avogado, entón prefiro dedicar os anos que me quedan a facer algo que me encha tamén como persoa.
Aquí o problema que hai é que, por unha banda, como din os letrados, na propia Lei Orgánica do Poder Xudicial, fálase de que o acceso ao corpo de letrados da Administración de Xustiza ten que ser ben por oposición ou ben por concurso de oposición sen abrir a porta a outra cousa, co cal entendo que aplicando o sentido literal da lei, non cabería o acceso por méritos.
Con todo, estamos vendo que a tendencia na Unión Europea é que para o acceso ao emprego público xa non se pide tanto unha cousa memorística, senón un conxunto de facultades que teña a xente, como poida ser o traballo en equipo, adaptación ao posto…
Por unha banda poderíase modificar a lei. Ben é certo que non calquera pode acceder, pero tamén é xente que estivo no posto como interino e é unha experiencia que ao mellor non podemos desaproveitar tampouco. E cando falan, claro, os propios letrados, de que iso vai contra o principio de mérito e capacidade… eu tampouco o vexo así. Tamén digo que é moi típico no doso país dicir: “Como a min me custou moito entrar, entón que siga a ser tan difícil como antes”.
Temos que mirar máis a vista de futuro. Hoxe en día a memorística, como método de cribado, non é o método que asegure que a persoa máis idónea vaia estar no posto, porque ao mellor non ten capacidade para sacar ese traballo adiante.
Animando aos estudantes de Dereito a que fagan as prácticas no Consello Consultivo porque, do que vin na niña carreira, penso que é das institucións de Dereito Público das que máis proveito van sacar.
Emisión
-
Publicación
31/03/2023