Jorge Mira, entre Pérez Muñuzuri e Otero Cacho na segunda xornada.
Facer accesible e inclusivo o patrimonio cultural, obxectivo dunhas xornadas en Santiago
Estiveron organizadas pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Profesional de Letrados e o Colexio de Arquitectos de Galicia
A letrada do Consello Consultivo de Galicia Carmen Salgueiro participou na mesa redonda ‘A accesibilidade na normativa cultural. A accesibilidade en espazos urbanizados’
José Ángel Oreiro, secretario xeral do Consello Consultivo, foi o encargado de coordinar estas xornadas, dirixidas academicamente por Isabel Novo, asesora xurídica da Consellería de Cultura
O Consello da Xunta do 19 de maio aprobou o anteproxecto de lei do patrimonio, que actualiza o marco legal axilizando e simplificando a xestión dos bens e dereitos da comunidade autónoma
Santiago, 30 de maio do 2023. O Pazo de San Roque acolleu esta semana as xornadas ‘Cara a un patrimonio cultural accesible e inclusivo. Unha visión holística do patrimonio cultural’. Tratouse dun encontro dirixido a afondar nos novos horizontes da accesibilidade e a inclusión no patrimonio organizado pola Xunta de Galicia coa Asociación Profesional de Letrados da Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia.
A cita, inaugurada pola directora xeral de Patrimonio Cultural, M.ª del Carmen Martínez, contou coa participación de investigadores e profesores de Física da Universidade de Santiago de Compostela e profesionais das áreas xurídica e arquitectónica que expuxeron diferentes temas en formato de mesa redonda, como a titulada A accesibilidade na normativa cultural. A accesibilidade en espazos urbanizados, que contou coa intervención de Carmen Salgueiro, letrada do Consello Consultivo de Galicia.
En concreto, os temas que se trataron foron as novas perspectivas e a democratización no acceso ao patrimonio, a accesibilidade, a relación do patrimonio coa urbanización, a aplicación de modelos matemáticos para a protección preventiva e a incidencia da contaminación lumínica.
Todas estas cuestións, o seu tratamento xurídico e técnico a nivel autonómico, estatal e europeo, foron abordadas tamén desde unha posta en común dos instrumentos e as posibles solucións das que dispoñemos fronte aos retos que estas situacións están a provocar xa no momento actual e que non farán mais que aumentar no futuro inmediato.
Profesionais de prestixio como Agustín Pigni Giraudo, asesor xurídico da Presidencia da Xunta de Galicia; Manuel Chaín Pérez, subdirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; a antes nomeada Carmen Salgueiro Moreira, letrada do Consello Consultivo de Galicia; Martín Barreiro Cruz, arquitecto e urbanista, Premio COAG 2022 Planeamento Urbanístico; Santiago Valencia Vila, xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais da Xunta de Galicia; Beatriz Moar Ulloa, arquitecta e xefa do Servizo de Edificación do Concello da Coruña; Isabel Novo Castro, asesora xurídica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Ángel Panero Pardo, arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago; Jorge Mira Pérez, catedrático de Física da USC; Alberto Pérez Muñuzuri, investigador da Facultade de Física da USC e do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia; e Alberto Otero Cacho, investigador da Facultade de Física da USC e do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, formaron parte destas xornadas celebradas no compostelán Pazo de San Roque.
Conclusións
Estas xornadas, dirixidas académicamente por Isabel Novo Castro, asesora xurídica da Consellería de Cultura, e coordinadas por José Ángel Oreiro Romar, secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, puxeron de manifesto a necesidade da nova norma para lograr unha protección integral e inclusiva do patrimonio histórico, e da oportunidade que supón para dotar de coherencia ao sistema de protección dos bens protexidos.
Aprobado o anteproxecto de lei do patrimonio
Por outra banda, o Consello da Xunta celebrado o 19 de maio deu o visto e prace ao anteproxecto de lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, un texto legal que establece o réxime xurídico dos bens e dereitos da titularidade da Administración galega, actualizando o marco legal e regulatorio nesta materia, axilizando e simplificando a xestión patrimonial e, ademais, adaptando a normativa vixente ás modificacións introducidas na lexislación básica estatal.
En concreto, o anteproxecto de lei concentra nun único texto normativo as múltiples peculiaridades que presentan os procedementos patrimoniais –até o de agora dispersos entre a Lei 5/2011, dous decretos que desenvolvían a normativa anterior a esta lei, así como a lexislación básica estatal– e incorpora modificacións que permiten mellorar e reducir os tempos de xestión ordinaria neste tipo de actuacións, facilitando a súa consulta e aplicación e apostando por unha maior eficiencia na tramitación destes procedementos.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.