As reclamacións sanitarias por causa do Covid-19, a ordenación do litoral, a prevención contra os incendios e dous recursos de inconstitucionalidade marcan a ‘Memoria 2022’ do Consello Consultivo de Galicia
As reclamacións sanitarias por causa do Covid-19, a ordenación do litoral, a prevención contra os incendios e dous recursos de inconstitucionalidade marcan a ‘Memoria 2022’ do Consello Consultivo de Galicia
Presentáronse a consulta un total de 492 ditames, 70 máis que no exercicio anterior
Os cursos impartidos e organizados polo Consello Consultivo de Galicia contan cunha ampla demanda, esgotándose sempre as prazas ofertadas, e cunha valoración alta do material docente achegado e do profesorado
A publicación reflicte que 2022 foi de intensa actividade, sempre na súa tarefa de velar pola observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía e do resto do ordenamento xurídico
Santiago de Compostela, 15 de xuño do 2023. Durante a sesión do Pleno celebrada onte, mércores, na sede do Consello Consultivo de Galicia, que preside o maxistrado José Luis Costa Pillado, aprobouse a Memoria 2022, correspondente ás actividades dese ano, un texto que reflicte os datos estatísticos relativos á súa función consultiva, así como a composición e medios cos que conta o organismo para o desenvolvemento da súa actividade.
Con 492 expedientes enviados, 70 máis que no exercicio anterior, a Memoria 2022 recolle que 309 foron solicitados pola comunidade autónoma; 175, pola Administración Local; 1, pola Administración Corporativa; 3, pola Administración universitaria; e 4, por parte de entes públicos.
Respecto da Administración local, a provincia que elevou máis expedientes a consulta foi Pontevedra (73), seguida por A Coruña (56), Lugo (19) e Ourense (16).
Do total de expedientes remitidos para o seu exame por parte deste órgano consultivo, de acordo coa materia obxecto de ditame, o maior número segue correspondendo a reclamacións de responsabilidade patrimonial, con 341 expedientes, (e destacamos a creación dunha nova categoría de responsabilidade patrimonial contractual con 2 expedientes no ano 2022), seguidos das revisións de oficio de actos administrativos, con 58 expedientes, dos contratos administrativos, con 50 expedientes, e dos proxectos de normas xerais, con 26 (proxectos de decreto e proxectos de orde).
Así mesmo, a memoria refírese á actividade non consultiva, ao resumo dos datos da actividade desenvolvida nos 26 anos de funcionamento do Consello Consultivo (1996-2022), relativos aos expedientes ditaminados e un epígrafe con observacións e suxerencias, no que tamén se recollen os ditames máis reseñables, que pola súa repercusión social ou importancia xurídica estímase que deben ser de xeral coñecemento para as Administracións Públicas e operadores xurídicos.
Informes máis salientables
De feito, un dos informes máis salientables dos emitidos -e que corresponden á Sección de Estudos e Informes- é o relativo ás competencias en materia de ordenación do litoral, no que o Consello Consultivo sinalou -no ditame emitido o 20 de xullo en relación coa petición realizada polo Goberno galego sobre o traspaso competencial do dominio público marítimo-terrestre- que non existe a necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía, posto que o artigo 27.3 refírese á ordenación do territorio, tese apoiada por varias sentenzas do Tribunal Constitucional.
Tamén debe destacarse o informe do 3 de novembro relativo aos concellos, que están obrigados a cumprir o mandato da lei autonómica de prevención contra incendios forestais e esixir a limpeza de leiras aos propietarios ou, de ser necesario, asumir a execución subsidiaria da devandita obrigación. Lembra o Consultivo que se trata dunha cuestión que “reviste especial transcendencia” para Galicia e que a comunidade ten a competencia exclusiva en materia de montes, aproveitamentos forestais, vías pecuarias e pasos”.
Dous recursos de inconstitucionalidade
En canto á proposta de interposición polo Consello da Xunta dun recurso de inconstitucionalidade en relación co artigo 20 da Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética, o Consello Consultivo de Galicia concluíu que este artigo da Lei de Cambio Climático era inconstitucional ao observar que afectaría tanto os prazos de duración das concesións ás industrias instaladas -e das prórrogas outorgadas- antes de que a norma entre en vigor como tamén á validez dos actos administrativos que se ditaron ao amparo da normativa anterior.
Sobre o proxecto de acordo para a interposición de recurso de inconstitucionalidade en relación coas medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal, pola que se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal, o Consultivo asegurou que existen fundamentos xurídicos suficientes para a interposición dun recurso de inconstitucionalidade, debido a que a norma estatal ataca por descoñecemento a finalidade dos pactos sucesorios e incumpre as doutrinas legais por presumir de forma automática que quen vende un ben transmitido en vida antes de cinco anos do acto está a cometer unha fraude fiscal, cuestión que Facenda non acreditou de forma algunha.
Responsabilidade patrimonial: COVID
O número de ditames sobre reclamacións de responsabilidade patrimonial, aínda que foi diminuíndo nos últimos anos, segue sendo o máis numeroso cuantitativamente (341 ditames). O seu peso, no conxunto da actividade do Consello Consultivo de Galicia, é case do 70 % de todos os ditames emitidos. Tendo en conta o seu peso específico, a materia de responsabilidade, en concreto a sanitaria, foi obxecto dunha especial atención por parte deste organismo de Galicia no ano 2022, que distingue tres grupos de asuntos:
A responsabilidade patrimonial sanitaria derivada da asistencia recibida con ocasión da enfermidade COVID.
A responsabilidade patrimonial que reclaman empresas por peche de negocio como consecuencia do Estado de alarma e confinamento decretado como consecuencia do COVID.
A responsabilidade patrimonial que reclaman contratistas e concesionarios das Administracións públicas como consecuencia da suspensión dos seus contratos e concesións
Contratación irregular
O Consello Consultivo de Galicia analizou a problemática común en moitas Administracións públicas derivada das adxudicacións sen contrato, é decir, unha contratación irregular de distintos servizos, sen respectar o procedemento legalmente establecido, como sucedeu no Concello do Porriño. Sobre este asunto, o supremo órgano consultivo de Galicia decidiu denegar a nulidade das facturas.
Presenza na rede
O Consello Consultivo de Galicia, consciente da importancia das tecnoloxías da información e da comunicación, seguiu a actualizar no ano 2022 a súa páxina do sitio web, para facilitar o acceso e coñecemento da súa actividade, (www.ccgalicia. es), en funcionamento desde principios do ano 2002. Esta páxina, ademais de información xeral referida ao Consello Consultivo de Galicia, presenta a posibilidade de consultar o texto completo dos ditames elaborados desde o ano 1996.
Ademais, presenta unha sección chamada ‘Novas’ onde as persoas usuarias poden consultar os ditames máis salientables emitidos recentemente, a actualidade do Consello, a contratación administrativa e os procesos selectivos en curso.
Varias veces por semana, o Consello Consultivo publica na plataforma de divulgación LinkedIn novas, enlaces, cursos, ditames, noticias dos xornais, etc., permitindo a descarga dos ditames máis relevantes. Así mesmo, cómpre resaltar que o Consello Consultivo de Galicia ocupa o primeiro posto entre os seus competidores nesta rede social -órganos consultivos da mesma categoría- tendo tanto como un número de interacións e de seguidores superior en máis de catro veces ao seguinte órgano consultivo que o segue na clasificación (datos referidos ao mes de febreiro de 2023).
Actividade non consultiva
Dentro do Plan de Formación, no ano 2022 organizou seis cursos, celebrándose dúas edicións de cada un deles. É importante resaltar que a docencia impartida e organizada polo Consello Consultivo de Galicia conta cunha ampla demanda, esgotándose sempre as prazas ofertadas (un total de seiscentas), e cunha valoración alta do material docente achegado e do profesorado dos cursos, acadando unha puntuación por riba do catro sobre cinco puntos.
Ano de intensa actividade
Finalmente, esta memoria pretende reflectir o que foi un ano de intensa actividade do Consello Consultivo de Galicia, na súa tarefa de velar pola observancia da Constitución, do Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos á páxina web do Consello Consultivo de Galicia. En nome das persoas que integramos esta institución, grazas por visitar a nosa sede virtual. Queremos que esta sexa una xanela aberta á cidadanía dende a que amosar a nosa tarefa de asesoramento xurídico á administración galega.En pleno século XXI parécenos fundamental abrir canles de comunicación dinámicos que informen ós cidadáns con transparencia sobre o labor dunha institución esencial para a nosa Comunidade Autónoma, como é este Consello Consultivo.
Por iso, nesta páxina aberta, administración e cidadáns poderán consultar toda a doutrina legal dende que se creou o organismo. Cada periodo anual emitimos máis de 700 informes e ditames, ata un total de case 17.000 expedientes dende que este órgano consultivo comezara a súa andaina. Tamén poderán examinar as memorias que anualmente se trasladan ó goberno da Xunta de Galicia e elevar as consultas que estimen oportunas.
Cremos que é a nosa obriga poñer ó alcance de todos os galegos a xestión desta institución, que se coñezan as resolucións que emitimos, ademais de garantir os dereitos das persoas e colectivos sociais orientando e axustando as decisións, en materia legal, tanto da Xunta de Galicia como das outras administracións galegas
Dende este Consello Consultivo traballamos para mellorar a calidade das normas que rexen a convivencia. A nosa forma de facer país consiste en dotar a esta terra de instrumentos xurídicos sólidos na defensa dos seus intereses.