A entrada en vigor desta lei é unha oportunidade para afianzar o coñecemento da normativa
A análise da Lei 39/2015 sobre a revisión de actos firmes e os recursos administrativos, nun curso organizado polo Consello Consultivo e a EGAP
A súa entrada en vigor é unha oportunidade para afianzar o conocimiento da normativa en aspectos tan esenciais e decisivos á hora de resolver un recurso
Trátase dunha materia de grande interese xurídico e doutrinal, polo que no curso se fará pausada referencia ás novidades xurisprudenciais
Desde o 5 ata o 27 de xuño terá lugar este curso en modalidade de teleformación
Santiago, 5 de xuño de 2023. Organizado polo Consello Consultivo de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública – EGAP, desde o día 5 e ata o 27 de xuño ten lugar o curso -en modalidade de teleformación- ‘Os recursos administrativos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas’, que ten como obxectivo a análise da normativa sobre a revisión de actos firmes e os recursos administrativos, comúns ou extraordinarios, que se poden interpoñer fronte a todo tipo de resolucións administrativas. A materia presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal funcionario que tramite todo tipo de procedementos administrativos.
O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio profesional da súa función, na medida en que a materia presenta múltiples dimensións e que absolutamente todos os servizos públicos e, por tanto, todas as actuacións, incluídas as puramente materiais ou de xestión, están suxeitas a eventual recurso administrativo. Por outra banda, a entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, é unha oportunidade para afianzar o coñecemento da normativa en aspectos tan esenciais e decisivos á hora de resolver un recurso, tales como as causas e os prazos de prescrición, a caducidade, a lexitimación ou a función dos órganos consultivos.
Ademais, a resolución de recursos administrativos dá lugar a unha intensa actividade xurisprudencial de interpretación e integración das leis que necesariamente ten que coñecer aquel persoal funcionario que, común ou eventualmente, participa na tramitación deste tipo de expedientes. Así mesmo, trátase dunha materia de gran interese xurídico e doutrinal, polo que no curso se fará pausada referencia ás novidades xurisprudenciais, facendo especial fincapé na doutrina do Tribunal Supremo e Tribunal Constitucional, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como tamén do Consello Consultivo de Galicia.
O programa está composto por seis módulos e un exame final:
➡️Módulo 1. A resolución dos procedementos administrativos.
➡️Módulo 2. Revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio.
➡️Módulo 3. Revisión dos actos en vía administrativa: declaración de lesividade.
➡️Módulo 4. Revogación de actos e rectificación de erros.
➡️Módulo 5. Recursos ordinarios: recurso de alzada e recurso de reposición.
➡️Módulo 6. Recurso extraordinario de revisión.
➡️Exame
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos á páxina web do Consello Consultivo de Galicia. En nome das persoas que integramos esta institución, grazas por visitar a nosa sede virtual. Queremos que esta sexa una xanela aberta á cidadanía dende a que amosar a nosa tarefa de asesoramento xurídico á administración galega.En pleno século XXI parécenos fundamental abrir canles de comunicación dinámicos que informen ós cidadáns con transparencia sobre o labor dunha institución esencial para a nosa Comunidade Autónoma, como é este Consello Consultivo.
Por iso, nesta páxina aberta, administración e cidadáns poderán consultar toda a doutrina legal dende que se creou o organismo. Cada periodo anual emitimos máis de 700 informes e ditames, ata un total de case 17.000 expedientes dende que este órgano consultivo comezara a súa andaina. Tamén poderán examinar as memorias que anualmente se trasladan ó goberno da Xunta de Galicia e elevar as consultas que estimen oportunas.
Cremos que é a nosa obriga poñer ó alcance de todos os galegos a xestión desta institución, que se coñezan as resolucións que emitimos, ademais de garantir os dereitos das persoas e colectivos sociais orientando e axustando as decisións, en materia legal, tanto da Xunta de Galicia como das outras administracións galegas
Dende este Consello Consultivo traballamos para mellorar a calidade das normas que rexen a convivencia. A nosa forma de facer país consiste en dotar a esta terra de instrumentos xurídicos sólidos na defensa dos seus intereses.