21/04/2021

O Consultivo e a Fegamp asinan un convenio para reforzar o asesoramento xurídico ós concellos

O presidente do Consello Consultivo de Galicia (CCG), José Luis Costa Pillado, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela Paz, asinaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá habilitar novas ferramentas para ampliar e reforzar as canles de asesoramento xurídico ós concellos galegos. No […]
03/02/2021

Nomeamento do presidente do CCG

Hoxe, 3 de febreiro de 2021, publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 16/2021, do 1 de febreiro, polo que se nomea presidente do Consello Consultivo de Galicia a José Luis Costa Pillado, vista a proposta formulada polo Pleno do órgano o 25 de xaneiro de 2021. DECRETO 16/2021
03/02/2021

Novo Consello Consultivo

No DOG nº 16 de hoxe, 26 de xaneiro, dáse publicidade á Resolución do 13 de xaneiro de 2021, pola que se fai público o acordo plenario polo que se designa ao conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para o ano 2021, que é don […]
03/02/2021

Novo Consello Consultivo (PDF)

Hoxe damos publicidade ao Decreto 6/2021, do 21 de xaneiro, polo que se nomean conselleiros electivos do Consello Consultivo de Galicia (DOG nº 15, do 25 de xaneiro de 2021). Decreto DOG Luns, 25 de xaneiro de 2021
18/11/2020

Declaración institucional do pleno do Consello Consultivo de Galicia

Con data 18 de novembro de 2020, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda realizar unha Declaración Institucional expresando o seu máis profundo pesar polo falecemento de José Antonio García Caridad, que foi presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e […]
16/10/2020

Cuestións relativas á potestade sancionadora en relación co Covid-19 (PDF)

A Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo de Galicia, en sesión realizada o día 14 de outubro de 2020, baixo a presidencia de José Luis Costa Pillado, actuando como secretaria Vanessa Brea Lago, e coa participación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e do conselleiro electivo […]
Galego