Declaración institucional do pleno do Consello Consultivo de Galicia

Con data 18 de novembro de 2020, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, por unanimidade dos seus membros presentes, acorda realizar unha Declaración Institucional expresando o seu máis profundo pesar polo falecemento de José Antonio García Caridad, que foi presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e que, anteriormente, desempeñou a presidencia deste Consello Consultivo de Galicia e desexa trasladar aos seus familiares as súas condolencias. DEP.

Galego