O secretario xeral do Consello Consultivo, docente nunha nova edición do Curso Superior de Administración Electrónica

O pasado martes deu comezo a duodécima edición do Curso Superior de Administración Electrónica, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), que teñen o obxectivo de “afondar, dende unha perspectiva técnico-xurídica”, na transformación presente e futura das entidades públicas e da súa relación entre elas e a ciudadanía”.

Entre o profesorado, destaca a presenza do secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, José Ángel Oreiro Romar, quen o primeiro día deste curso fixo o relatorio ‘Réxime xurídico dunha Administración dixital’.

Este curso superior desenvolverase do 13 de setembro ao 25 de outubro. Cun total de 114 horas lectivas, impartirase na modalidade semipresencial, con 30 horas de prácticas presenciais na sede da EGAP, en Santiago, os días 13, 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 25 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e 84 horas de teleformación.

 

Programa díptico gal 2022 Curso sup Administración electrónica

 

Máis información en: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4041

Galego