Xa está dispoñible a galería de fotos do acto de toma de posesión do presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro

Xa está dispoñible a galería de fotos do acto de toma de posesión do presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro.

Accede ás imaxes para coñecer os momentos destacados desta cerimonia tan significativa para a nosa institución.

Retrato de Andrés Lago Louro, presidente do Consello Consultivo de Galicia.

O secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, José Ángel Oreiro Romar, dando conta do decreto de nomeamento de Andrés Lago Louro como presidente.

O presidente saínte, José Antonio Fernández Vázquez, dando a benvida ao acto de toma de posesión.

Andrés Lago Louro xurando o cargo en presenza do titular do Goberno galego, Alfonso Rueda.

Lago Louro dirixe unhas palabras en presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O novo presidente, Andrés Lago Louro, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o expresidente e conselleiro do supremo órgano consultivo do Goberno e administracións públicas de Galicia, José Antonio Fernández Vázquez.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, nun momento da súa intervención ante o presidente do Consello Consultivo de Galicia e autoridades presentes na toma de posesión.

O presidente da Xunta falando co conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado; o vogal territorial de Galicia no Consejo General del Poder Judicial, José Luis Costa Pillado; o conselleiro maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro Fernández; e o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez Álvarez.

O presidente Lago Louro saudando ao vogal do Consejo General del Poder Judicial, José Luis Costa Pillado, en presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado.

Andrés Lago Louro, coa presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo, e a presidenta da Sala de Contencioso Administrativo do TSXG, Dolores Rivera Frade.

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, saudando ao secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez.

Lago Louro, saudando ao secretario xeral do Consello Consultivo de Galicia, en presenza dos conselleiros.

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, flanqueado polos conselleiros (desde a esquerda) Alberte Souto Souto, Ignacio Aranguren Pérez, José Antonio Fernández Vázquez e a conselleira Nora Martínez Yáñez.

Fotografía de familia do equipo do Consello Consultivo de Galicia.

Nota: as fotografías son da autoría de Pepe Ferrín

Galego