O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, visita o Consello Consultivo de Galicia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, visita o Consello Consultivo de Galicia

Santiago, 30 de outubro de 2024. Esta mañá, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, realizou unha visita institucional ao Consello Consultivo de Galicia, onde foi recibido polo seu presidente, Andrés Lago Louro. Durante a reunión, Castroverde puido coñecer en profundidade o funcionamento do Consello e mantivo un encontro co equipo de conselleiros que acompaña a Lago Louro no labor de asesoramento xurídico que a institución desempeña.

No marco deste encontro, José María Gómez y Díaz-Castroverde tivo o xesto significativo de entregar ao Consello Consultivo unha peza especial de Sargadelos, un obsequio simbólico que representa o edificio do Palacio de Xustiza. Esta peza, deseñada en exclusiva, convértese na primeira do seu tipo que o Tribunal ofrece a unha institución galega.

O Consello Consultivo de Galicia valora profundamente este significativo xesto e a visita do presidente Castroverde, que consolidan o compromiso compartido de ambas as institucións no fortalecemento do marco xurídico galego.

 

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, á esquerda, recibe o obsequio do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Lago Louro e Gómez y Díaz-Castroverde, no Consello Consultivo

Detalle da figura deseñada por Sargadelos

A conselleira Nora Martínez, o conselleiro José Antonio Fernández, o presidente do TSXG, o presidente do Consello Consultivo, o conselleiro Ignacio Aranguren e o conselleiro Alberte Souto

Galego