Visita institucional do maxistrado Costa Pillado, vogal territorial de Galicia no CGPJ
O vogal territorial de Galicia no Consejo General del Poder Judicial (C.G.P.J.), o maxistrado José Luis Costa Pillado, fixo a súa primeira visita institucional ao Consello Consultivo de Galicia, do que foi presidente.
Durante a reunión que mantivo cos conselleiros (Ignacio de Loyola Aranguren Pérez, José Antonio Fernández Vázquez, Alberte Souto Souto e Nora María Martínez Yáñez) e persoal do supremo órgano consultivo da Xunta e Administracións públicas, recoñeceuse coa entrega dun obsequio a súa traxectoria e a súa contribución a esta institución.
Os conselleiros Alberte Souto e Ignacio Aranguren, co maxistrado José Luis Costa Pillado e os conselleiros José Antonio Fernández e Nora Martínez
Emisión
-
Publicación
12/09/2024