O Consello Consultivo de Galicia participou nas xornadas organizadas pola Cátedra de Dereito Local da UDC sobre os problemas derivados do recoñemento extraxudicial de créditos no eido local

O Consello Consultivo de Galicia participou nas xornadas organizadas pola Cátedra de Dereito Local da UDC sobre os problemas derivados do recoñemento extraxudicial de créditos no eido local

 

➡️O noso conselleiro Alberte Souto Souto explicou que “a exposición do Consello Consultivo de Galicia tivo por obxecto ilustrar da doutrina seguida por este órgano consultivo respecto das técnicas administrativas encamiñadas á subsanación das irregularidades apreciadas na contratación irregular de obras, servizos, e subministracións por parte do sector público”.

➡️Ademais, apuntou que “a Sección de Estudos e Informes do CCG ocupouse especificamente desta problemática nos seus ⁣
⁣??????? ???/???? ? ??/????”, que poden consultarse na nosa web: www.ccgalicia.es

➡️”Nas xornadas tamén se insistiu na conveniencia de dar un axeitado cumprimento á esixencia legal de programar e planificar a contratación pública a fin de evitar a contratatación irregular nas entidades locais”.

➡️Así mesmo, desde aquí queremos dar as grazas á Universidade da Coruña pola organización das xornadas e o convite ao CCG.

 

“O conselleiro Alberte Souto, terceiro desde a dereita, ao remate das xornadas”. Foto realizada pola UDC.

Galego