Condolencias do Consello Consultivo de Galicia pola morte de Santiago Rey Fernández-Latorre, editor de La Voz de Galicia

Santiago, 29 de agosto de 2024. Dende o Consello Consultivo de Galicia queremos expresar o noso máis sentido pésame polo falecemento de Santiago Rey Fernández-Latorre, editor de La Voz de Galicia. O seu compromiso inquebrantable co xornalismo e a súa defensa dos valores democráticos deixaron unha pegada indeleble na nosa sociedade. A súa traxectoria e traballo serán sempre un referente na loita pola liberdade de expresión e o dereito á información.
Acompañamos a súa familia, amigos e a toda a comunidade de La Voz de Galicia nestes momentos de dor. O seu legado permanecerá vivo na memoria colectiva de Galicia. Descanse en paz.

Galego