Visita institucional ao Consello Consultivo de Galicia dos integrantes da Comisión 1ª do Parlamento galego

Visita institucional ao Consello Consultivo de Galicia dos integrantes da Comisión 1ª do Parlamento galego

 

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026.– O Consello Consultivo de Galicia recibiu hoxe a visita oficial das deputadas e deputados autonómicos que integran a Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior da Cámara galega. A comitiva puido coñecer de primeira man o traballo que desenvolve o máximo órgano consultivo da Comunidade Autónoma.

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago, actuou de anfitrión e estivo acompañado polos conselleiros e por persoal do órgano. Pola súa banda, a comitiva parlamentaria, composta por deputados e deputadas de todos os grupos con representación na Cámara autonómica, acudiu á sede do máximo órgano consultivo encabezada polo presidente da Comisión 1ª e secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Julio Comesaña.

A visita serviu para que os parlamentarios coñecesen a sede do órgano no Pazo de Amarante, no casco histórico de Santiago de Compostela, así como ao persoal letrado e administrativo. Asemade, recibiron información e explicacións detalladas sobre as funcións e tarefas que desenvolve o Consello Consultivo de Galicia, entre elas, as relacionadas coas novas competencias adquiridas ao adscribirse a Comisión da Transparencia de Galicia desde o pasado 1 de maio de 2026.


Galego