Encontro entre os presidentes do Consello Consultivo de Galicia e da Fegamp para reforzar a colaboración

Encontro entre os presidentes do Consello Consultivo de Galicia e da Fegamp para reforzar a colaboración

 

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026.-  O presidente do Consello Consultivo de Galicia e comisionado da Transparencia, Andrés Lago, recibiu hoxe ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, para estudar novas fórmulas de colaboración en materia de transparencia e acceso a información pública.

Neste primeiro encontro institucional e de traballo, celebrado en Santiago de Compostela, Andrés Lago e Alberto Varela  intercambiaron experiencias sobre o marco normativo e xurídico con repercusión sobre a actividade municipal. De xeito especial, abordaron os aspectos relacionados coas materias da Comisión da Transparencia de Galicia e a forma de cooperación para axilizar os trámites na resolución de reclamacións de acceso á información pública e transparencia que realizan os concellos galegos.

Galego