O Consello Consultivo felicita ás catro mulleres galegas do exterior distinguidas coas Medallas de Galicia 2026
A cerimonia estivo presidida polo xefe do Executivo galego e serviu para homenaxear á colectividade galega no exterior
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia sumouse ao recoñecemento da Xunta a Claudia Álvarez Argüelles, a Beatriz Gil Fernández, a Carla Angola Rodríguez e a Camila Fernández Ferreira, catro mulleres pertencentes a diferentes ámbitos e que acadaron a máxima distinción autonómica por ser exemplo da colectividade galega no exterior.
O titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado dos membros do Executivo autonómico, presidiu hoxe, en Santiago de Compostela, o solemne acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia a catro mulleres. O Museo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia foi o escenario da cerimonia oficial, á que asistiron numerosas autoridades universitarias, relixiosas, militares e civís, entre elas, o presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago.
A Medalla de Ouro Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que, polos seus méritos ao servizo da Comunidade galega en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego. Creouse para distinguir e recompensar aos que, dentro ou fóra do territorio galgo, “puxesen como razón das súas actividades, e mesmo da súa existencia, o quefacer diario de Galicia, ou aos que son merecentes da gratitude ou da homenaxe que lles cómpre facer”.
Nesta ocasión, o pasado 20 de xullo de 2026, o Goberno galego decidiu outorgar as Medallas de Galicia a Claudia Álvarez, empresaria arxentina de orixe galega e que preside o grupo Álvarez Argüelles Hoteles; a Beatriz Gil Fernández, a fiscal xefa de Menores no cantón suízo de Argovia e habitual colaboradora co asociacionismo galego en Zúrich; a Carla Angola, filla dunha galega exiliada e unha das xornalistas máis influentes de Venezuela; e a Camila Fernández, prestixiosa odontóloga brasileña e vinculada a Asociación de Empresarios Galegos en Río de Xaneiro.
MENSAXE POLO DÍA DE GALICIA
A entrega da máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da Comunidade Autónoma, realizouse como é habitual, o día previo á celebración do Día de Galicia, fixado para o 25 de xullo.
Neste 2026, o Consello Consultivo de Galicia quere expresar os seus parabéns ao conxunto dos galegos e das galegas con motivo de Día de Galicia, ao tempo que reafirma o seu compromiso coa traballo para velar pola calidade normativa e xurídica, así como co apoio e fortalecemento das institucións que sustentan a convivencia e o progreso da comunidade.
Por outra parte, para conmemorar o 25 de xullo, o presidente do máximo órgano consultivo de Galicia asistirá como convidado, aos actos organizados polo Arzobispado de Santiago de Compostela e polo Concello da capital galega. Andrés Lago estará presente, na Catedral de Santiago, na solemne misa oficiada polo arzobispo compostelá, Francisco José Prieto Fernández, e presenciará a Ofrenda ao Apóstolo Santiago a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, elixido como Delegado Rexio nesta cerimonia.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado dos membros do Executivo autonómico, preside a cerimonia de Entrega das Medallas de Galicia 2026 ás galardoadas Claudia Alicia Álvarez Argüelles, Beatriz Gil Fernández, Carla María Angola Rodríguez e Camila Fernández. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), 24/07/26. (Imaxe cedida pola Xunta de Galicia)
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado dos membros do Executivo autonómico, preside a cerimonia de Entrega das Medallas de Galicia 2026 ás galardoadas Claudia Alicia Álvarez Argüelles, Beatriz Gil Fernández, Carla María Angola Rodríguez e Camila Fernández. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), 24/07/26.(Imaxe cedida pola Xunta de Galicia)
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.