Uns 50 empregados públicos comezarán o 8 de setembro un curso sobre o Consello Consultivo de Galicia e a contratación pública
Recibirán formación sobre a Lei de Contratos do Sector Público e sobre as competencias dos órganos consultivos nesta materia
No segundo semestre de 2026 están programados oito cursos froito da colaboración entre o Consello Consultivo de Galicia e a EGAP
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026.- Un total de 50 empregados públicos das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia iniciarán a vindeira semana un curso centrado na intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública. Trátase da primeira das actividades de teleformación programadas para o segundo semestre de 2026, compostas por un total de oito cursos. Dáse continuidade á capacitación sobre materias xurídico-administrativas desenvolvida na primeira metade do ano.
Ao amparo do convenio de colaboración vixente entre o máximo órgano consultivo de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), unha vez resolto o proceso de matriculación, o vindeiro martes impartirase a primeira das sesións do curso “A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública”.
Esta primeira acción formativa, que terá sesións que suman 30 horas desde o 8 de setembro ata o 10 de outubro deste ano, inclúe a impartición dun temario que, entre outras cuestións, permitirá aos alumnos coñecer mellor a composición, competencias, organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia.
COMPETENCIAS DE ÓRGANOS CONSULTIVOS
Preténdese tamén ofrecer ao persoal público unha análise das competencias substantivas outorgadas pola Lei de Contratos do Sector Público (LCSP) aos órganos consultivos, e dos trámites e procedementos a través dos que se exercen estas competencias.
En concreto, forma parte desta formación a análise e estudo de casos prácticos relacionados coa interpretación e a modificación dos contratos administrativos e concesións administrativas; e coa resolución de contratos e coa extinción de adxudicacións, licencias, cesións e/ou contratos adoptados polas entidades locais.
Nas sesións tamén se abordarán, desde unha perspectiva práctica, diferentes actos administrativos relacionados coa contratación pública como: a revisión de oficio, a responsabilidade patrimonial, o recurso especial nesta materia, a contratación pública socialmente responsable; e, por último, as cláusulas sociais e medioambientais en licitación, concurso e compra pública.
OUTROS CURSOS
Tras a actividade desenvolvida no primeiro semestre de 2026, en setembro retómase unha programación de oito actividades formativas convocadas a través da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da correspondente resolución da EGAP. Están previstas máis de 200 horas formativas para mellorar as competencias xurídico-administrativas dos empregados públicos galegos, xa que, en función da temática, están deseñados cursos de 33, 30, 24 e 21 horas.
Os cursos vanse celebrar en diferentes datas comprendidas entre o 8 de setembro e o 22 de novembro; mentres que os exames están fixados para cada caso entre o 13 de outubro e o 27 de novembro de 2026. Ao inicio da actividade publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación da EGAP e indicaranse as datas propostas das probas de avaliación previstas e que, no caso de ser superadas, implicarán a consecución dun certificado de aproveitamento.
Este mes de setembro, ademais da formación sobre “A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública”, tamén se desenvolverán outras tres accións: “A función consultiva do Consello Consultivo de Galicia” (do 15 de setembro ao 18 de outubro), “A responsabilidade patrimonial por razóns de carácter urbanístico. Os supostos indemnizatorios” (do 21 de setembro ao 15 de outubro) e o “Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais” (do 28 de setembro ao 28 de outubro).
EN OUTUBRO E NOVEMBRO
Completan a oferta formativa, outros cursos que abordarán cuestións como “Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral” (do 1 ao 22 de outubro), “A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística” (do 14 de outubro ao 8 de novembro) e “O procedemento de responsabilidade patrimonial: irregularidades, defectos e cuestións prácticas” (do 20 de outubro ao 13 de novembro).
Por último, esta programación para a preparación de empregados públicos na segunda parte do 2026 concluirá co curso “Os recursos administrativos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas”, que se desenvolverá entre o 2 e o 23 de novembro.
O Consello Consultivo de Galicia e a EGAP, froito dun convenio de colaboración, promoven o desenvolvemento de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da súa competencia. Trátase de contribuír a un mellor coñecemento do órgano consultivo, co obxectivo de un mellor cumprimento das funcións atribuídas en cada caso e en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.