Presencia institucional do Consello Consultivo de Galicia no acto de entrega das Medallas Castelao 2026

Presencia institucional do Consello Consultivo de Galicia no acto de entrega das Medallas Castelao 2026

 

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia, a través do seu presidente Andrés Lago Louro, estivo representado institucionalmente no acto de entrega das Medallas Castelao 2026. Neste ano,  a Xunta recoñeceu ao músico Esteban Batallán Cons, á científica Mar Capeáns Garrido, ao atleta Adrián Ben,  á propietaria dos restaurantes La Penela, María Barallobre, e á Fundación Andrea.

A Igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, acolleu este domingo 28 de xuño, o acto de entrega das Medallas Castelao, que estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. A cerimonia reuniu tamén, entre outras autoridades, ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, varios membros do Goberno galego, e aos responsables de organismos como o Consello de Contas, o Consello Económico e Social ou o propio Consello Consultivo de Galicia.

O presidente do Consello Consultivo de Galicia sumouse ás felicitacións e ao recoñecemento ao traballo desde hai vinte anos da Fundación Andrea para apoiar  ás familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. E tamén á distinción concedida á da traxectoria internacional ao músico Esteban Batallán Cons; á influenza científica e ao traballo ligado ao Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) da física Mar Capeáns Garrido; aos logros en campionatos deportivos do fondista Adrián Ben; e á experiencia empresarial e gastronómica da propietaria dos restaurantes La Penela, María Barallobre Tomé.

A Medalla de Galicia, que se entrega cada 28 de xuño,  é a máxima distinción de honra que concede a Administración autonómica galega a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo da comunidade en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

 

Galego