Presencia institucional do Consello Consultivo de Galicia no acto “40 anos medrando con Europa”, coincidindo co Día de Europa

Presencia institucional do Consello Consultivo de Galicia no acto “40 anos medrando con Europa”, coincidindo co Día de Europa.

 

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia, a través do seu presidente Andrés Lago Louro, estivo representado institucionalmente no acto “40 anos medrando con Europa”, no que a Xunta expuxo a repercusión da financiación europea a Galicia ao longo de varias décadas.

Coincidindo co Día de Europa, este sábado 9 de maio, Santiago de Compostela acolleu un acto ao que asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, varios membros do Goberno galego, e o responsables de organismos como o Consello de Contas, a Valedora do Pobo ou o propio Consello Consultivo de Galicia, entre outras autoridades.

Foi no ano 1986 cando Galicia comezou a recibir fondos procedentes da Unión Europea que, ao longo destas catro décadas, permitiron acometer melloras en infraestruturas, sanidade, atención social ou emprego. A Xunta cuantificou nun total de 36.000 millóns as achegas europeas recibidas neste período e sinalou que as mesmas teñen contribuído a grande transformación da Comunidade Autónoma.

Galego