O Consello Consultivo de Galicia presente na celebración do ‘Día das Letras Galegas’ de 2026

O Consello Consultivo de Galicia presente na celebración do ‘Día das Letras Galegas’ de 2026

 

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia, a través do seu presidente Andrés Lago, estivo presente este domingo no acto do ‘Día das Letras Galegas’ de 2026 promovido pola Xunta de Galicia para homenaxear á figura e a obra da xornalista e narradora Begoña Caamaño.

O 17 de maio, data institucionalizada pola Real Academia de Galicia (RAG) para lembrar e recoñecer a escritoras e escritores galegos, serviu nesta ocasión como homenaxe á autora de ‘Circe ou o prazer do azul’ e de ‘Morgana en Esmelle’, entre outras obras e artigos xornalísticos. Begoña Caamaño é a sétima creadora homenaxeada nestes anos de festa das letras galegas, efeméride xurdida no ano 1963, coincidindo co centenario da publicación de ‘Cantares Gallegos’, de Rosalía de Castro.

Este domingo, o Salón Teatro en Santiago de Compostela, acolleu un dos conmemorativos do Día das Letras Galegas, baixo a presidencia do xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda, e coa asistencia de numerosas autoridades, como os presidentes da RAG, Henrique Monteagudo, e do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Posteriormente, xa no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo tamén lugar a solemne sesión organizada tamén neste día pola institución académica.

Galego