Presencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia na Apertura do Ano Xudicial 2026-27 na Comunidade galega

Presencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia na Apertura do Ano Xudicial 2026-27 na Comunidade galega

 

A Coruña, 18 de setembro de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia, a través do seu presidente Andrés Lago Louro, estivo representado no Acto de Apertura do Ano Xudicial 2026-27 na Comunidade galega, celebrado hoxe na cidade da Coruña. Un ano máis, esta cerimonia institucional serviu de espazo de encontro  para facer balance sobre a actividade xudicial, así como unha reflexión sobre as necesidades e os retos aos que se enfrontan os tribunais galegos.

Como cada setembro por estas datas, a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), sita na cidade herculina, congregou a autoridades xudiciais, civís e militares. Entre os asistentes estiveron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; acompañados do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; así como outras autoridades, entre elas, o presidente do Consello Consultivo de Galicia.

O presidente do TSXG, Ignacio Picatoste Sueiras, actuou de anfitrión do acto e, na súa intervención, fixo balance e apuntou diferentes cuestións que marcarán o traballo de maxistrados e xuíces destinados na Comunidade galega. Previamente, a fiscal superior de Galicia, Carmen Eiró, tamén fixo rendición de contas e sinalou as áreas prioritarias para a actividade fiscal para o vindeiro ano. Tamén houbo unha entrega de insignias a maxistrados xubilados en 2025.

Galego