Participación do Consello Consultivo de Galicia no Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto 2026

Participación do Consello Consultivo de Galicia no Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto 2026

 

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia, a través do seu presidente Andrés Lago Louro y de persoal do órgano que tamén ten competencias en Transparencia, participou en Santiago de Compostela no XI Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto, impulsado pola Asociación Centro de Investigación de la Transparencia y el Gobierno Abierto (CIT) .

Este Congreso CIT 2026 conta tamén coa organización da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidad Complutense de Madrid e a Universidad Central de Chile, así como co patrocinio e apoio da Xunta de Galicia, da Comunidade de Madrid, do Consello de Contas de Galicia e da Comisión da Transparencia de Galicia, organismo adscrito ao Consello Consultivo de Galicia, entre outras institucións e entidades.

O presidente do Consello Consultivo de Galicia e da Comisión da Transparencia de Galicia, Andrés Lago, foi unha das autoridades participantes na inauguración formal do congreso. O acto contou tamén coa intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a reitora da USC, Rosa M. Crujeiras; a presidenta do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (CTBG), Concepción Campos, e a directora do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais, Rosario García Mahamut; o vicerreitor académico da Universidad Central de Chile, Emilio Oñate Vera; e a asistencia doutros membros da organización do congreso.

Andrés Lago, como Comisionado da Transparencia de Galicia, tamén participou como intervinte nunha das sesións do CIT 2026. Foi na Sesión Plenaria, coordinada polo CTBG, baixo o título “Retos e desafíos dos órganos garantes de la transparencia”. Neste espazo de reflexión tamén expuxeron a súa visión os representantes do órgano estatal e dos correspondentes a Cataluña, Andalucía, Murcia, Castela-A Mancha, Canarias, Navarra, Comunidade de Madrid e Castela e León.

Desde o pasado 1 de maio de 2026, a Comisión da Transparencia é un órgano colexiado independente adscrito ao Consello Consultivo de Galicia, ao que lle corresponde resolver as reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública que establece o artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, na súa versión consolidada trala modificación da Lei 5/2025, de 23 de decembro.

Galego