O presidente do Consello Consultivo, no acto institucional de apertura de curso nas universidades de Galicia

Entre as autoridades presentes no acto, estaba o presidente do Consello Consultivo, segundo pola esquerda, sentado entre a valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. Foto: Santi Alvite

 

Santiago, 9 de setembro do 2022. No día de hoxe tivo lugar o acto de inauguración do curso 2022/2023 nas universidades galegas, celebrado nesta ocasión na institución compostelá. José Carlos Bermejo Barrera, catedrático de Historia Antiga na Facultade de Xeografía e Historia, foi o encargado de pronunciar a lección maxistral ‘Información, comunicación e historia’.

O reitor da USC, Antonio López, debullou as novidades e retos de futuro que as tres institucións públicas galegas afrontarán neste curso que agora comeza, en presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e dos seus homólogos da UDC, Julio Abalde, e da UVigo, Manuel Reigosa, integrantes da mesa presidencial do acto xunto ao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; así como os presidentes dos Consellos Sociais da USC e da UVigo, Cecilia Sierra Rey e Ernesto Pedrosa Silva.

Así mesmo, o acto contou coa asistencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, e unha numerosa representación de distintas institucións sociais, políticas, culturais e académicas da comunidade.

 

A nova completa, dispoñible en:

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/reitor-usc-reivindica-universidade-publica-ascensor-social-esencial-apertura-curso-2022-2023

Galego