O presidente Lago Louro presenta no Parlamento o orzamento do Consello Consultivo de Galicia para 2025

O presidente Lago Louro presenta no Parlamento o orzamento do Consello Consultivo de Galicia para 2025

Santiago, 31 de outubro de 2024. Hoxe, o presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, compareceu na Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia. Acompañado do secretario xeral, José Ángel Oreiro Romar, esta foi a súa primeira intervención ante a Comisión como presidente do máximo órgano consultivo da Xunta de Galicia e as administracións públicas.

Na súa comparecencia, Lago Louro presentou o orzamento para o próximo exercicio, que ascende a 2.399.659 euros. Esta cantidade representa un 0,017 % do total da comunidade autónoma, sendo un dos máis reducidos no conxunto do gasto público. A pesar da súa limitada porcentaxe, destacouse a importancia desta dotación para o adecuado funcionamento dunha institución que vela pola legalidade e o bo facer das administracións galegas.

Con esta intervención, o Consello Consultivo reafirma o seu compromiso coa transparencia e o seu papel fundamental no asesoramento xurídico en Galicia.

 

O presidente do Consello Consultivo de Galicia con Julio García Comesaña, vogal da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

O presidente Lago Louro, acompañado do secretario xeral, José Á. Oreiro

Lago Louro, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia

Vista do comparecente, do secretario xeral e dos membros da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Imaxes cedidas polo Parlamento de Galicia

Galego