Dispoñible para a cidadanía os asuntos despachados no día

Seguindo os principios recollidos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro de Transparencia e Bo Goberno, o Consello Consultivo de Galicia pon a disposición un novo contido: o rexistro de ordes do día, relativas a Pleno, Sección de Ditames e Sección de Estudos e Informes, ao que se accede a través desta ligazón: https://ccgalicia.es/transparencia

Deste xeito, faise efectivo o dereito de cidadáns e cidadás a coñecer a actividade da Administración pública, á vez que se favorece o control da legalidade e facilítaselle á sociedade a asunción dun papel activo na vida administrativa, fomentando as oportunidades de participación na toma de decisións.

Galego