O presidente do Consello Consultivo de Galicia asiste en Madrid ao primeiro dos actos do V Centenario do Consello de Estado

O presidente do Consello Consultivo de Galicia asiste en Madrid ao primeiro dos actos  do V Centenario do Consello de Estado

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026.- O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, convidado pola presidenta do Consello de Estado, Carmen Calvo, asistiu hoxe, en Madrid, ao acto inaugural da Conmemoración do V Centenario do supremo órgano consultivo de España. Trátase da primeira actividade dunha ampla programación de actos  institucionais, académicos e culturais que terán lugar este 2026 en diferentes lugares do territorio nacional.

Andrés Lago Louro foi unha das numerosas autoridades que hoxe estivo presente no Teatro Real de Madrid, onde tivo lugar o concerto inaugural para conmemorar a fundación do Consello de Estado hai 500 anos por Carlos V. Este acto contou coas intervencións da presidenta do órgano consultivo do Estado, Carmen Calvo, e do presidente do Teatro Real, Gregorio Marañón y Bertrán de Lis.

A continuación, a orquestra titular do Teatro Real , dirixida por Francesc Prat e coa participación da soprano Sabina Puértolas, ofreceu un concerto con obras de compositores españois como Manuel de Falla, Joaquín Turina ou Roberto Chapí, entre outros autores.

Creado en 1526, o supremo órgano consultivo ten acompañado ao Estado en todas as súas etapas. Asemade, está presente na actividade administrativa desde as mesmas orixes da España constitucional. Xurdiu como unha peza chave do sistema democrático español, que primeiro implicou un traballo en solitario e, posteriormente, ao amparo do desenvolvemento das comunidades autónomas, sumou aos respectivos consellos consultivos autonómicos no cumprimento da responsabilidade de ofrecer seguridade xurídica e estabilidade institucional no conxunto do territorio.

Galego