O Consello Consultivo e a EGAP, xuntos no curso ‘A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística’

Imaxe pertencente á galería de imaxes da EGAP

O Consello Consultivo e a EGAP, xuntos no curso ‘A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística’

 

  • A formación será esencialmente práctica e presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal funcionario que preste servizos nos departamentos de Urbanismo
  •  O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio da súa función para o persoal destinatario
  •  Partirase dos máis recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos

 

Santiago, 2 de xuño do 2023. Organizado polo Consello Consultivo de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública – EGAP, desde este venres ten lugar o curso ‘A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística’, que ten como obxectivo a formación práctica nos mecanismos de revisión de títulos administrativos habilitantes en vía administrativa.

A materia presenta especial interese científico e técnico para aquel persoal funcionario que preste servizos nos departamentos de Urbanismo, ou nos servizos de instrución e tramitación de recursos e reclamacións.

A formación será esencialmente práctica, e consistirá no análise de cada mecanismo de impugnación contemplado na lei, e os requisitos que deben darse para apreciar anular un título administrativo de natureza urbanística, de acordo coa normativa aplicable e a xurisprudencia que a desenvolve. O coñecemento desta materia redunda no mellor exercicio da súa función para o persoal destinatario.

Neste curso, na modalidade de teleformación, realizarase ata o 26 de xuño unha análise práctica dos diferentes supostos, partindo dos máis recentes pronunciamentos xurisprudenciais na materia e estudo de criterios específicos de órganos consultivos: Consejo de Estado e Consello Consultivo de Galicia.

 

O temario está composto polos seguintes módulos:

 

➡️Módulo 1. O Consello Consultivo de Galicia. organización, competencias, réxime xurídico.

➡️Módulo 2. Os títulos administrativos de natureza habilitante. Recursos ordinarios: recurso de alzada e recurso de reposición. Especialidades en materia de recursos ordinarios contra os títulos administrativos habilitantes.

➡️Módulo 3. Procedemento de revisión de oficio de títulos administrativos habilitantes.

➡️Módulo 4. As causas de revisión de oficio de títulos administrativos habilitantes.

➡️Módulo 5. A declaración de lesividade de títulos administrativos habilitantes.

➡️Módulo 6. Revogación de actos e rectificación de erros de títulos administrativos habilitantes.

➡️Módulo 7. Recurso extraordinario de revisión. Especialidades en materia de títulos administrativos habilitantes.

Galego