O Consello Consultivo de Galicia abordou máis de 30 expedientes nas catro sesións da Sección de Ditames de xaneiro

O Consello Consultivo de Galicia abordou máis de 30 expedientes nas catro sesións da Sección de Ditames de xaneiro

 

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia, presidido por Andrés Lago Louro, celebrou no mes de xaneiro catro sesións da Sección de Ditames, que implicaron analizar e pronunciarse sobre un total de 34 expedientes, na súa maioría pertencentes a reclamacións de responsabilidade patrimonial.

En concreto, esta sección do órgano consultivo procedeu á elaboración de 22 ditames de reclamacións de responsabilidade patrimonial por danos por accidentes ou en asistencia sanitaria, así como outros catro que tiveron como obxecto resolucións de contratos. Asemade, neste mes, afrontáronse cinco revisións de oficio sobre distintos asuntos e un recurso extraordinario de revisión pola denegación dunha subvención; e, por último, tamén se pronunciou sobre dous contratos.

O Consello Consultivo de Galicia, unha vez aprobados os correspondentes ditames sobre os diferentes asuntos, deu traslado dos mesmos ás persoas ou administracións que presentaron a solicitude que orixinou o inicio do procedemento. Con posterioridade, unha vez atendida a obriga de protección de datos sobre os textos, os ditames estarán accesibles no rexistro de ditames e informes da páxina web do órgano.

Galego