A responsabilidade patrimonial sanitaria, a conversión de baixos en vivendas e os procedementos de nulidade en contratación pública, entre os temas máis destacados do Consello Consultivo en 2023
A responsabilidade patrimonial sanitaria, a conversión de baixos en vivendas e os procedementos de nulidade en contratación pública, entre os temas máis destacados do Consello Consultivo en 2023
O maxistrado José Luis Costa Pillado entrega a Memoria 2023 ao presidente da Xunta de Galicia
Durante o ano pasado solicitáronse un total de 412 expedientes.
O prazo medio de emisión de ditames foi de 23,50 días.
A Memoria reflicte o compromiso continuo co asesoramento xurídico de calidade e coa transparencia na súa xestión.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024. O Consello Consultivo de Galicia, que preside o maxistrado José Luis Costa Pillado, presentou esta mañá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a súa Memoria anual correspondente a 2023. Aprobada polo Pleno do Consello Consultivo con data 26 de xuño de 2024, recolle a actividade desenvolvida polo organismo durante o pasado ano, así como as observacións e suxestións realizadas en relación cos actos e procedementos administrativos sometidos a ditame.
A maioría dos ditames –o prazo medio de emisión no ano 2023 foi de 23,50 días- foron reclamados pola Consellería de Sanidade, seguida pola Consellería de Facenda e Administración Pública.
En 2023, os expedientes solicitados distribuíronse da seguinte maneira:
Administración autonómica: 266
Administración local (provincias e Deputacións): 139
Administración universitaria: 3
Administración corporativa: 1
Entes públicos: 2
Entidade local territorial: 1
Respecto da Administración local, a provincia que elevou máis expedientes a consulta foi A Coruña (59), seguida por Pontevedra (42), Ourense (18) e Lugo (6).
Do total de expedientes remitidos para o seu exame por parte deste órgano consultivo, de acordo coa materia obxecto de ditame, o maior número segue correspondendo a reclamacións de responsabilidade patrimonial, 301, seguidas dos contratos administrativos, con 48 expedientes, das revisións de oficio de actos administrativos, con 20 expedientes, e dos proxectos de normas xerais, con 24 (22 proxectos de decreto e 2 proxectos de orde).
Votación telemática e nulidade de actuacións en contratación pública. Segundo a doutrina da Sección de Estudos e Informes, o Consello Consultivo emitiu varios informes importantes en 2023 como o da avaliación da posibilidade de asistencia e votación telemática, incluíndo votación anticipada, nas sesións dos órganos de goberno das entidades locais; tamén elaborou o informe relativo á administración na que debe estar en servizo activo un funcionario de carreira do corpo da policía local para participar en procesos selectivos de promoción interna; a análise dos usos autorizables en solo rústico; os procedementos a seguir en materia de declaración de nulidade de actuacións en contratación pública cando se prescinde totalmente do procedemento; avaliación sobre a contratación de servizos postais no Concello; e a viabilidade da subrogación do persoal laboral adscrito a licitadoras de determinados servizos do Concello.
Proxectos normativos. En canto a proxectos normativos ditaminados polo Pleno, destacan o proxecto para a creación da área de Turismo Termal en Ourense, así como a creación e regulación do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade. Ademais, modificáronse as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia (popularmente coñecidas como a conversión de baixos comerciais en vivendas) e regulouse a organización e promoción do persoal de investigación nos organismos da Administración autonómica. Tamén se modificou o decreto sobre as condicións para o exercicio profesional do socorrismo acuático.
Como recurso de inconstitucionalidade, está o relacionado co imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas.
Outras materias. O supremo órgano consultivo de Galicia tratou e debateu sobre recursos extraordinarios de revisión, concesións administrativas, revisións de oficio, declaracións de nulidade de pleno dereito, contratacións administrativas, responsabilidade patrimonial contractual, responsabilidade por danos derivados doutros actos das administracións públicas e responsabilidade patrimonial sanitaria.
Actividade non consultiva. Dentro do Plan de Formación, no ano 2023 este órgano consultivo organizou sete cursos, celebrándose dúas edicións de cada un deles. É importante resaltar que a docencia impartida e organizada polo Consello Consultivo de Galicia conta cunha ampla demanda, esgotándose sempre as prazas ofertadas (un total de seiscentas), e cunha valoración alta do material docente achegado e do profesorado dos cursos, acadando unha puntuación por riba do catro sobre cinco puntos.
Con isto, a Memoria 2023 do Consello Consultivo reflicte o compromiso continuo deste organismo co asesoramento xurídico de calidade e coa transparencia na súa xestión. O supremo órgano consultivo seguirá traballando en colaboración coas diferentes Administracións públicas para mellorar a eficacia dos actos e procedementos administrativos na Comunidade Autónoma de Galicia.
——————————————————————————————————————-
Para máis información, estamos á vosa disposición no Consello Consultivo de Galicia a través do seu sitio web, onde está dispoñible a Memoria 2023.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.