Andrés Lago explica as competencias autonómicas para a xestión de autorizacións de traballo para inmigrantes e a xustificación que ampara a petición do traspaso a Galicia
Andrés Lago explica as competencias autonómicas para a xestión de autorizacións de traballo para inmigrantes e a xustificación que ampara a petición do traspaso a Galicia
CES España presenta en Santiago de Compostela un informe que analiza a realidade migratoria e apunta prioridades para as políticas públicas
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026.- O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, realizou unha presentación sobre a situación das competencias autonómicas en materia de xestión de autorizacións de traballo para persoas estranxeiras e, neste contexto, analizou a xustificación xurídica que ampara á Comunidade galega para solicitar o seu traspaso.
Andrés Lago ofreceu unha conferencia no marco da Xornada de Presentación do Informe do Consejo Económico y Social (CES) de España que leva por título “La realidad migratoria de España: Prioridades para las Políticas Públicas”. Un evento celebrado hoxe, en Santiago de Compostela, coa participación e asistencia de diferentes autoridades, así como da presencia de representantes de órganos consultivos e entidades do ámbito económicos, sindical e social.
O titular do Consello Consultivo de Galicia iniciou a súa intervención reivindicando que os xuristas poden contribuír a canalizar a realidade do fenómeno migratorio a través de solucións xurídicas que redunden no interese xeral.
TRANSFERENCIA VERSUS TRASPASO
Entrando no asunto da súa conferencia, Andrés Lago lembrou que o Consello Consultivo de Galicia atendeu a consulta formulada pola Xunta sobre a posibilidade de asumir as competencias executivas das autorizacións iniciais de traballo. Tras puntualizar que, aínda que transferencia e traspaso se empreguen con frecuencia como sinónimos en relación ás competencias asumidas polas diferentes administracións, hai que ter claro que cada termo está ligado ás reservas recollidas en diferentes normas, entre elas, a Constitución e os respectivos Estatutos de Autonomía.
Precisamente, sobre a interpretación que se pode facer respecto do articulado da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia e coa doutrina reiterada a este respecto do Tribunal Constitucional, Lago Louro argumentou que Galicia está en condicións de solicitar, como ten feito a Xunta, o traspaso efectivo destas competencias e dos medios persoais e materiais necesarios para levalas a cabo.
Engadiu que a xustificación xurídica ten que ver co feito de que o marco constitucional e algúns Estatutos autonómicos recoñecen ao Estado a competencia sobre unha materia que afecta á persoa, como pode ser o lugar de residencia ou a nacionalidade; mentres que a xestión laboral, por cuanto son as CCAA as que teñen a responsabilidade de fomento do emprego, recae no ámbito competencial autonómico.
PRESENTACIÓN DO INFORME
A xornada comezou co saúdo d presidente do Consello Económico e Social (CES) de Galicia, Manuel Pérez, quen actuou de anfitrión do evento e aportou algúns datos sobre a influencia que os fenómenos migratorios teñen sobre a economía e a sociedade galega. Precisamente, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, explicou que os fenómenos migratorios son fundamentais para o fortalecemento do emprego e da poboación en Galicia.
González tamén reivindicou que Galicia conta cun modelo propio para captar talento e integrar aos inmigrantes dunha maneira ordenada, planificada e dando resposta ás necesidades do merado laboral. Neste contexto, considerou que será clave o traspaso das competencias para a xestión das autorizacións iniciais de traballo solicitado pola Xunta ao Goberno central.
Pola súa banda, o presidente de CES España, Antón Costas, realizou unha exposición do contido do Informe “La realidad migratoria de España: Prioridades para las Políticas Públicas”, un traballo realizado a petición do Goberno central e que se pretende sexa de utilidade para lograr unha sociedade máis informada e para axudar a distinguir entre políticas pragmáticas e aquelas populistas.
Sobre o informe, Costas detallou que evidencia que a inmigración é un fenómeno estrutural e decisivo na sociedade española; ao tempo que avogou por un modelo migratorio controlado, seguro e eficaz. Tamén incidiu en que se evidencia que é preciso unha “colaboración moi intensa” entre as diferentes administracións. En concreto, aludiu a que Europa ten competencias sobre control de fronteiras e retorno de inmigrantes, o Estado español é o responsable de outorgar a residencia e a nacionalidade aos estranxeiros e, pola súa banda, sobre as comunidades e os concellos recae o peso de acadar unha integración real.
Por último, o evento contou tamén coa participación da secretaria de Estado de Migraciones do Goberno de España, Pilar Cancela, quen explicou que o informe de CES España serve de referente para as políticas e o traballo diario do Goberno central en materia de fluxos migratorios. Negou que desde España se fomente o que o denominado “efecto chamada” para inmigrantes e reivindicou unha política migratoria regular, segura e con perspectiva de dereitos humanos.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.