Aberta a convocatoria para os cursos que imparte o Consello Consultivo en colaboración coa EGAP
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2024. O persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia xa pode acceder á convocatoria de oito actividades en teleformación que impartirá o Consello Consultivo de Galicia, presidido polo maxistrado José Luis Costa Pillado, grazas ao cumprimento do convenio de colaboración subscrito coa Escola Galega de Administración Pública, dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, orientado ao desenvolvemento conxuntode actividades de formación, divulgación e investigación.
Así mesmo, poderanse ofertar actividades formativas a persoal empregado público doutras entidades, organismos e institucións públicas, segundo o establecido na convocatoria publicada onte no Diario Oficial de Galicia.
Os cursos, que contarán con dúas convocatorias, son os seguintes:
O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o día seguinte á publicación da resolución ata o 29 de xaneiro de 2024. As solicitudes realizaranse exclusivamente mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible en https://egap.xunta.gal/matricula.
A selección levarase a cabo de acordo cos criterios establecidos na Resolución da EGAP do 10 de maio de 2023. Darase preferencia ao persoal habilitado nacional e funcionario da Administración local de subgrupos A1 e A2, que teña responsabilidades en tramitación e instrución relacionadas coas materias dos cursos.
Os programas levados a cabo na EGAP e coordinados polo Consello Consultivo de Galicia son planificados e supervisados por un grupo de profesionais altamente cualificados, conformado por xuristas con extensa traxectoria nos campos da administración pública e o dereito. Isto asegura que os participantes obteñan unha capacitación actualizada, pertinente e práctica para o seu desenvolvemento profesional.
Emisión
-
Publicación
18/01/2024