O Consello Consultivo de Galicia ditamina que procede unha indemnización de 135.000,00 euros por responsabilidade patrimonial do SERGAS

O Consello consultivo de Galicia ditamina que procede unha indemnización de 135.000,00 euros polos danos e perdas derivados do deficiente seguimento e atención ao parto nun embarazo xemelgar co resultado de sufrimento fetal dun dos xemelgos e grave dano neurolóxico, considerando que a insuficiencia da asistencia sanitaria prestada privou á nai e ao menor dun axeitado seguimento do seu parto, en concreto,  dun seguimento continuado que podía ter determinado un mellor pronóstico, producíndose daquela, unha perda de oportunidade merecedora da pertinente indemnización.

 

Ler a nova enteira

Esta nova foi publicada o 4 / 10 / 2018 e pertence a categoria Actualidade