Oferta de emprego público en libre designación polo Consello Consultivo de Galicia

Oferta de emprego público en libre designación polo Consello Consultivo de Galicia

  • A convocatoria diríxese a licenciados/as ou graduados/as en Dereito.
  • O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 9 de abril.
  • Aposta pola igualdade de oportunidades e a excelencia no servizo público.

Santiago, 25 de marzo de 2024. O Consello Consultivo de Galicia anuncia a apertura da súa oferta de emprego público en modalidade de libre designación, dirixida a funcionarios/as A1.

Esta convocatoria representa unha magnífica oportunidade para aqueles licenciados/as ou graduados/as en Dereito que desexen unirse ao equipo do Consello Consultivo de Galicia nun posto de letrado/a.

Para iso, quen desexe optar ao posto de traballo ha de ser funcionario/a de o Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados; do Estado, do resto de comunidades autónomas ou da Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala secretaría.

O prazo para a presentación de solicitudes atópase aberto ata o 9 de abril. As persoas interesadas en participar neste proceso de selección deben consultar os detalles específicos da convocatoria nesta ligazón, onde atoparán información detallada sobre os requisitos, prazos e procedementos a seguir.

O Consello Consultivo de Galicia, presidido polo maxistrado José Luis Costa Pillado, segue apostando pola igualdade de oportunidades e a excelencia no servizo público.

Galego