O presidente do Consello Consultivo de Galicia, presente no 35.º aniversario de El Mundo

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, presente no 35.º aniversario de El Mundo

 

O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, participou na celebración do 35.º aniversario do diario El Mundo, un evento que reuniu a destacados representantes do ámbito político, económico e social no marco do foro ‘La España vertebrada’.

Durante a xornada, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, protagonizou un interesante diálogo co director de El Mundo, Joaquín Manso, no que abordou os principais desafíos da vertebración territorial en España.

O Consello Consultivo de Galicia reafirma así o seu compromiso coa análise e o debate das cuestións fundamentais para o presente e o futuro do país.

Dende a nosa institución, felicitamos a El Mundo polos seus 35 anos de traxectoria xornalística ao servizo da información.

 

Galego