O Consello Consultivo de Galicia felicita ás mulleres distinguidas coa Medalla do Parlamento de Galicia 2026
Nove deputadas autonómicas e a ex conselleira e deputada Manuela López Besteiro reciben a máxima distinción da Cámara galega, en recoñecemento ao seu labor pioneiro a prol das políticas de igualdade
O presidente do Consello Consultivo de Galicia estivo presente no acto que reuniu hoxe no Pazo do Hórreo a diversas autoridades
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026.- O Consello Consultivo de Galicia sumouse ao recoñecemento e á felicitación a nove deputadas da IV Lexislatura e á ex conselleira e deputada Manuela López Besteiro por recibir a Medalla do Parlamento de Galicia 2026. Esta homenaxe institucional pon en valor que foron pioneiras a prol das políticas de igualdade e salienta que representaron ás mulleres galegas na IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres celebrada en Beijin en 1995.
A entrega destas distincións, nun acto celebrado este martes no Pazo do Hórreo, sede da Cámara galega, pretende ser un recoñecemento institucional e enmárcase na conmemoración do 45 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril).
O pasado mes de marzo a Mesa do Parlamento acordou, por unanimidade, concederlles a Medalla do Parlamento de Galicia 2026 ás nove deputadas autonómicas da IV Lexislatura que hai unha trintena de anos participaron na Conferencia Mundial sobre as Mullleres celebrada en Beijing.
En concreto, as homenaxeadas son María Xosé Ares Casal, María Teresa Fernández Piñeiro, Pilar Pedrosa González de Castejón -a título póstumo-, María Fernanda Cerviño Villaverde, Elisa Madarro González -a título póstumo-, do Grupo Popular; María Xosé Porteiro García, María Antonia Álvarez Yáñez, do Grupo Socialista; e María Pilar García Negro e Olaia Fernández Dávila, do Grupo do Bloque Nacionalista Galego. Todas elas foron deputadas da IV Lexislatura da Cámara Galega e participaron na devandita Conferencia Mundial.
IGUALDADE
A maioría delas foron integrantes da primeira Comisión Parlamentaria para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres. A mesma, creada en 1994, converteu ao Parlamento de Galicia no primeiro de España á hora de dotarse dun foro parlamentario específico sobre estas cuestións e, ao longo dos anos, por el pasaron moitas asociacións de amplos sectores da sociedade, permitindo analizar as necesidades das mulleres galegas desde diferentes prismas.
En 1995 as devanditas deputadas viaxaron a Beijing, a capital de China, para defender a declaración conxunta aprobada por unanimidade na Comisión para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres da Cámara galega, que avogaba pola supresión de toda discriminación laboral, profesional ou política contra as mulleres.
Asemade, a Medalla do Parlamento 2026 tamén recoñece o traballo da ex conselleira e deputada Manuela López Besteiro, quen impulsou, xa na III Lexislatura galega, a creación na Xunta de Galicia dunha Dirección Xeral para a Igualdade de homes e mulleres. Ademais, López Besteiro foi a primeira conselleira de Igualdade da historia de Galicia.
Desde este departamento impulsáronse diferentes iniciativas de acción positiva, entre as que se inclúen programas de apoio ao emprendemento feminino, o fortalecemento do asociacionismo e campañas de sensibilización e loita contra a violencia de xénero.
AUTORIDADES
O presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago, estivo presente no acto de recoñecemento, celebrado en Santiago de Compostela. A entrega de medallas contou coa participación do presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, e a asistencia do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e de varios membros do Goberno galego. Tamén estiveron presentes os representantes dos distintos grupos parlamentarios, entre outras autoridades civís, militares e relixiosas.
A Medalla do Parlamento de Galicia comezou a entregarse no ano 2016, con motivo do 35 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril) e, desde entón, agás no ano da pandemia, foi concedida anualmente.
A Mesa de la Cámara, previa proposta do titular do Parlamento de Galicia, é a encargada de conceder esta distinción a aquelas institucións ou persoas físicas ou xurídicas que, polos servicios prestados á Comunidade Autónoma, se fagan merecedoras da consideración honorífica dos representantes lexítimos do pobo galego.
A Medalla do Parlamento de Galicia tamén pode distinguir a aquelas institucións, autoridades e/ou personalidades que, pola súa especial relación coa Cámara galega, ou por razón de reciprocidade ou cortesía, se fagan merecedoras dela.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.