Conferencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia na Universidade de Vigo

Conferencia do presidente do Consello Consultivo de Galicia na Universidade de Vigo

 

  • O maxistrado José Luis Costa Pillado subliñou que o labor do Consultivo contribúe de maneira significativa á transparencia, proporcionando un marco xurídico sólido.
  • A xornada comezou coa benvida por parte do decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Francisco José Torres Pérez, e do coordinador do Máster en Xestión e Dirección Laboral, Alexandre Pazos.
  • Os asistentes destacaron a profundidade e relevancia da conferencia, considerándoa un valioso peche para a súa etapa formativa.

 

Vigo, 21 de xuño de 2024. Onte, xoves, o acto académico de clausura do Máster en Xestión e Dirección Laboral da Universidade de Vigo contou coa destacada presenza do maxistrado José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo de Galicia, que pronunciou unha conferencia inspiradora ao público asistente.

A xornada comezou coa benvida por parte do decano da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Francisco José Torres Pérez. O máster, coordinado por Alexandre Pazos, contou ademais coa presenza do decano do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra e do profesor José María Casas de Ron.

A continuación, tomou ael palabra ou maxistrado José Luis Costa Pillado, cuxa intervención se centrou na importancia do Consello Consultivo de Galicia (CCG) e os labores que realiza.

Explicou que o Consello Consultivo actúa como o máximo órgano asesor en materia xurídica da Xunta de Galicia e das Administracións públicas, proporcionando ditames e asesoramento nunha ampla gama de cuestións legais e administrativas.

Costa Pillado tamén falou sobre as funcións específicas do CCG, incluíndo a revisión de normas e actos administrativos, a resolución de contratos e a emisión de ditames en materias diversas. Subliñou que o labor do Consultivo contribúe de maneira significativa á transparencia, proporcionando un marco xurídico sólido e ben fundamentado para a toma de decisións administrativas.

O acto finalizou coa entrega de diplomas aos graduados, quen recibiu as felicitacións e bos desexos do maxistrado José Luis Costa Pillado e do resto de autoridades presentes. Os asistentes destacaron a profundidade e relevancia da conferencia, considerándoa un valioso peche para a súa etapa formativa.

En definitiva, a participación de José Luis Costa Pillado no acto de clausura do #Máster en Xestión e Dirección Laboral da Universidade de Vigo brindou unha comprensión máis profunda do papel esencial que xoga na comunidade o Consello Consultivo de Galicia.

 

 

 

Galego