Naceu na Coruña no ano 1974. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela obtendo os títulos de Licenciada en Dereito (ano 1998) e Especialista en Relacións Laborais (ano 2007).
É funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1) e do corpo de xestión da Administración Civil do Estado (subgrupo A2), en excedencia. Conta co Diploma de directivo da Xunta de Galicia.
Desenvolveu a súa carreira administrativa na Administración autonómica destacando o seu traballo nas áreas de persoal e recursos humanos. Ocupou diversos postos no servizo de persoal da Consellería de Asuntos Sociais e na Consellería do Medio Rural e do Mar, así como no Secretariado do Goberno dependente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En novembro do ano 2015 pasa a desempeñar no Consello Consultivo de Galicia o posto de xefa de servizo de Xestión Económica, Habilitación e de Persoal.
Destaca o seu labor docente en numerosos cursos impartidos en colaboración coa EGAP na materia de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia desde o ano 2020 ata a actualidade, así como en cursos impartidos en colaboración coa ACIS no ano 2021 na materia de instrución de procedementos en materia de responsabilidade patrimonial.
Desde o ano 2008 ata a actualidade foi nomeada membro de diversos tribunais de oposición en distintos procesos selectivos da administración autonómica.

