Comeza un curso sobre a revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística
O Consello Consultivo de Galicia e a EGAP manteñen en outubro a teleformación de empregados públicos sobre diferentes aspectos xurídico-administrativos
O segundo semestre de 2026 conta cun total de oito cursos que suman 200 horas formativas
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2026.- Un total de 50 empregados públicos das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia realizarán desde mañá, 14 de outubro, e ata o 8 de novembro a formación no curso “A revisión en vía administrativa de títulos habilitantes de natureza urbanística”, que organizan o Consello Consultivo de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Esta teleformación, deseñada cunha duración de 24 horas, ten carácter práctico e procura a formación sobre a revisión de títulos administrativos habilitantes en vía administrativa. Os promotores desta actividade destacan que se trata dunha materia que presenta especial interese para aquel persoal funcionario que preste servizos nos departamentos de Urbanismo ou nos servizos de instrución e tramitación de recursos reclamación. Os matriculados adquirirán ou reforzarán coñecementos a través da análise de cada mecanismo de impugnación contemplado na lei e dos requisitos que deben darse para apreciar a existencia de responsabilidade de acordo coa normativa aplicable e a xurisprudencia que a desenvolve.
A actividade formativa está estruturada en sete módulos para afondar nos detalles que afectan a este tipo de documentos ou actos xurídicos emitidos por administracións públicas. Así, os 50 matriculados reforzarán os seus coñecementos sobre o Consello Consultivo de Galicia; sobre o procedemento e as causas de revisión de oficio de títulos administrativos habilitantes; sobre a declaración de lesividade e sobre a revogación de actos e rectificación de erros de títulos administrativos habilitantes; sobre os recursos ordinarios: recurso de alzada e recurso de reposición nesta materia; e tamén sobre o recurso extraordinario de revisión.
Ao amparo do convenio de colaboración vixente entre o Consello Consultivo de Galicia e a EGAP, entre setembro e novembro deste ano estanse a desenvolver diferentes cursos de teleformación que están orientados a mellorar as competencias xurídico-administrativas dos empregados públicos.
En total son oito actividades formativas que implican unha oferta de máis de 200 horas para mellorar as competencias xurídico-administrativas dos empregados públicos galegos. En función da temática, están deseñados cursos de 33, 30, 24 e 21 horas. Estes cursos estanse a celebrar en diferentes datas comprendidas entre o pasado 8 de setembro e o vindeiro 23 de novembro; mentres que os exames están fixados para cada caso entre o 13 de outubro e o 27 de novembro de 2026.
FORMACIÓN NESTES MESES
En concreto, entre setembro e comezos de outubro, xa tivo lugar a teleformación “A intervención do Consello Consultivo de Galicia na contratación pública” e están a piques de rematar os cursos “A función consultiva do Consello Consultivo de Galicia” e “A responsabilidade patrimonial por razóns de carácter urbanístico. Os supostos indemnizatorios”.
O “Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais”, iniciado a finais de setembro concluirá o 28 de outubro; tamén está aínda en marcha o denominado “Elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral” (ata o 22 de outubro). Asemade, xunto ao curso que comeza mañá, neste mes de outubro tamén arrinca a teleformación “O procedemento de responsabilidade patrimonial: irregularidades, defectos e cuestións prácticas” (do 20 de outubro ao 13 de novembro).
Por último, esta programación para a preparación de empregados públicos na segunda parte do 2026 concluirá co curso “Os recursos administrativos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas”, que se desenvolverá entre o 2 e o 23 de novembro.
O Consello Consultivo de Galicia e a EGAP, froito dun convenio de colaboración, promoven o desenvolvemento de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da súa competencia. Trátase de contribuír a un mellor coñecemento do órgano consultivo e das cuestións xurídico-administrativas en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
Manage Cookie Consent
Utilizamos cookies propias e de terceiros para optimizar o noso sitio web e o noso servizo.
Funcionais
Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Benvidos e benvidas á páxina web do Consello Consultivo de Galicia
Como presidente do Consello, e en nome de todos os que integramos esta institución, quero agradecer a súa visita á nosa sede virtual. Énchenos de orgullo abrir esta xanela ao público, ofrecendo un acceso transparente e directo ao noso labor de asesoramento xurídico á administración galega.
O Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo da Xunta e das administracións públicas galegas, e en pleno século XXI, a comunicación aberta e fluída coa cidadanía é máis importante que nunca. Esta páxina web non só é unha canle para informar, senón tamén unha ferramenta útil que facilita o acceso á nosa doutrina xurídica, consolidada ao longo de case tres décadas de traballo. Aquí poderán consultar os máis de 18.000 informes e ditames emitidos, así como as memorias anuais que trasladamos ao Goberno da Xunta de Galicia.
A tecnoloxía e a intelixencia artificial xa son unha realidade no noso Consello Consultivo. Estas ferramentas permítennos ser máis eficientes e accesibles, o que reforza o noso compromiso coa transparencia e a innovación no ámbito xurídico. Estamos convencidos de que estas innovacións axudarannos a seguir sendo un referente na mellora da calidade normativa para Galicia.
Comprometémonos a manter unha relación próxima e accesible cos cidadáns, compartindo de forma clara as resolucións que emitimos. O noso obxectivo é seguir sendo un referente xurídico para Galicia, contribuíndo á mellora das decisións administrativas e fortalecendo o marco legal que rexe a nosa convivencia.
Desde o Consello Consultivo traballamos cun propósito claro: mellorar a calidade normativa da nosa comunidade, dotándoa de ferramentas xurídicas sólidas que protexan e defendan os seus intereses. É unha honra para min presidir esta institución no seu continuo labor pola defensa da legalidade na actuación administrativa que redunde, en última instancia, no benestar de toda a cidadanía.