Presencia do Consello Consultivo de Galicia na celebración do Día da Policía Nacional en Santiago de Compostela

Presencia do Consello Consultivo de Galicia na celebración do Día da Policía Nacional en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026.- O  presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, sumouse este venres á celebración do Día da Policía Nacional e asistiu, en Santiago de Compostela, ao acto de imposición de 15 medallas ao Mérito Policial e á entrega de cinco metopas policiais.

O acto reuniu no Auditorio de Galicia a autoridades civís e policiais e familiares de policías. Asemade, contou coa participación do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; do director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta, Santiago Villanueva; do comisario do Corpo Nacional de Policía na provincia da Coruña, Carlos Gómez; do comisario xefe da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia, Jorge Rubal; da comisaria xefa da Comisaría de Policía Nacional de Santiago de Compostela, Nuria Palacios Ibán; do edil de Mobilidade da capital galega, Xan Duro; e da presidenta do Tribunal de Instancia compostelá, Sandra Iglesias.

 

Galego