O presidente do Consello Consultivo de Galicia reúnese coa valedora do Pobo

O presidente do Consello Consultivo de Galicia reúnese coa valedora do Pobo

O pasado venres, o presidente do Consello Consultivo de Galicia, Andrés Lago Louro, visitou a sede do Valedor do Pobo, situada na compostelá rúa do Hórreo, para reunirse con Dolores Fernández Galiño, valedora do Pobo.

Nesta primeira reunión institucional, ambos os maxistrados tiveron ocasión de intercambiar opinións sobre temas de interese común, consolidando así as relacións entre ambas as institucións. Este encontro reforza o compromiso compartido de colaboración, que exemplifica a relevancia da cooperación institucional no marco das competencias asignadas a cada órgano, sempre coa finalidade de mellorar o servizo á comunidade autónoma de Galicia.

Un momento da conversa entre o presidente do Consello Consultivo e a valedora do Pobo

Galego