José Antonio Fernández Vázquez

Currículo

Presidente en funcións

Naceu en Lalín. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo de Letrados da Xunta de Galicia, do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia e do Corpo de Secretarios de Administración Local.

No ámbito das Administracións Públicas exerceu o cargo de secretario xeral do Concello de Bueu no período de 1982 a 1988.

No ano 1988 incorporouse á Administración Autonómica Galega sendo nomeado Letrado – Asesor Xurídico da Consellería de Economía e Facenda, cargo que desempeñou ata comezos de 1989, ano en que accedeu ao cargo de secretario xeral técnico da mesma Consellería.

Posteriormente, en 1990 e ata 2005, exerceu os cargos de secretario xeral técnico da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas e de secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

No período 2005 a 2009 ocupou o posto de Letrado – Asesor Xurídico da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e en abril de 2009 foi nomeado secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,  cargo onde permaneceu até outubro do 2015, data na que foi nomeado Conselleiro do Consello Consultivo de Galicia.

Así mesmo, ten desempeñado o posto de Presidente da Sociedade Pública SOGAMA e Vicepresidente e Conselleiro da Sociedade de Investimentos Públicos de Galicia (SPI), así como conselleiro e vogal de numerosas entidades públicas e organismos administrativos entre os que destacan TURGALICIA, Xestur-Pontevedra, Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, Augas de Galicia, Portos de Galicia, Consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

Galego