Naceu en Ferrol no ano 1960. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario da Escala de Letrados da Xunta de Galicia e do Corpo de Letrados do Consello Consultivo de Galicia (ano 2000).
Ten desempeñado diversos postos de asesoramento xurídico na Administración estatal, autonómica e local, entre os que cabe destacar o de xefe de Gabinete de Asesoramento na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, e o de director da Asesoría Xurídica Municipal do concello de Vigo.
Profesor colaborador da Escola Galega de Administración Pública, e do Instituto Nacional de Administración Pública. Especialista en materias relacionadas co procedemento administrativo e a contratación pública.