Eduardo Antonio Sánchez Tato

Currículo

Exconselleiro

Naceu en Sobrado dos Monxes, no ano 1949. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É funcionario da 1º categoría do Corpo Superior Xurídico de Letrados da Administración de Xustiza (ano 1973), exercendo como Letrado da Administración de Xustiza, entre outros, nos xulgados de 1º Instancia e Instrucción de Cambados e Pontevedra e, dende outubro de 1990, na Sección 3º da Audiencia Provincial de Pontevedra. No ano 2007 foi nomeado, por concurso específico de méritos, Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, cargo que exerceu ata o ano 2016, en que foi nomeado Conselleiro do Consello Consultivo de Galicia.

É membro fundador da Asociación Revista Xurídica Galega, editora da Revista Xurídica Galega, de cuxo consello de redacción formou parte desde a súa fundación, no ano 1992, ata o ano 2011.

Participou como relator e director en varios cursos de formación dirixidos a funcionarios da Administración de Xustiza relacionados, entre outras materias, coa protección de datos de carácter procesual, nova Oficina Xudicial, e reformas procesuais.

Entre os anos 2015 e 2016 foi membro integrante do Comité Estatal da Administración Xudicial Electrónica ( CTEAJE ).

Galego