Os órganos consultivos de España reflexionan en Barcelona sobre o seu traballo e sobre a doutrina constitucional e consultiva

Os órganos consultivos de España reflexionan en Barcelona sobre o seu traballo e sobre a doutrina constitucional e consultiva

  • Unha representación do Consello Consultivo de Galicia asiste ás sesións das XXV Xornadas da Función Consultiva
  • O máximo órgano consultivo de Galicia aspira a organizar en 2027 e en Santiago de Compostela a próxima edición deste foro nacional

 

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2026.- Representantes do Consello de Estado, dos órganos consultivos autonómicos, da comunidade xurídica e doutras institucións participan estes días en Barcelona nas XXV Xornadas da Función Consultiva. Este foro propiciará o debate e a reflexión sobre a actividade que desenvolven os órganos consultivos existentes en España e sobre o marco doutrinal constitucional e de consulta sobre actos administrativos e xurídicos.

A esta nova edición das Xornadas da Función Consultiva, que se desenvolven en tres días, asiste unha representación do Consello Consultivo de Galicia integrada polo presidente, Andrés Lago Louro, e polos conselleiros José Antonio Fernández Vázquez e Alberte Souto Souto. O máximo órgano consultivo de Galicia aspira a organizar en 2027 e en Santiago de Compostela a XXVI edición deste encontro dos diferentes órganos existentes en España.

Organizadas de forma rotativa polos órganos consultivos das Comunidades Autónomas e con periodicidade anual, as xornadas nacionais da Función Consultiva son un foro de encontro, debate e reflexión xurídica.  Xurdiron como un espazo de coordinación institucional e estudo técnico para unificar criterios, compartir experiencias e analizar os grandes retos do dereito público, a lexislación autonómica e o labor de asesoramento xurídico ás Administracións Públicas.

Este ano 2026 os organizadores deste foro, programado do 4 ao 6 de novembro, son o Consello de Garantías de Cataluña e a Comisión Xurídica Asesora de la Generalitat de Cataluña. De forma complementaria, un día antes, o Consejo de Estado celebrou en Barcelona o acto “A función consultiva na democracia”, incluído nas conmemoracións do V Centenario da institución estatal.

 

PRIMEIRA SESIÓN E ASUNTOS

Tras a recepción e benvida ofrecida este mércores polos organizadores e o Parlamento de Cataluña a presidentes, conselleiros e letrados dos diferentes órganos consultivos autonómicos de España, xunto con representantes do Consejo de Estado; hoxe xoves procedeuse á inauguración oficial a cargo dos órganos anfitrións. Seguidamente abríronse as sesións de traballo que terán lugar ata o venres.

Este primeiro día, os asistentes á sesión de relatorios coñeceron a situación sobre “Os órganos consultivos das comunidades autónomas e a doutrina do Tribunal Constitucional”. A catedrática, maxistrada do Tribunal Constitucional e ex vicepresidenta do Consello de Garantías Estatutarias de Cataluña (2022-2023), Laura Díez Bueso; e o catedrático e membro do Consello Consultivo de Andalucía (1994-2005), Francisco Balaguer Canellón, foron os encargados de abordar diferentes cuestións de interese xurídico ao respecto.

Posteriormente, o programa das xornadas ofreceu a oportunidade de reflexionar e debater sobre “Doutrina consultiva e doutrina constitucional sobre os principais ámbitos competenciais”.  Nesta ocasión, baixo o formato de mesa redonda e a análise de diferentes detalles en cuestións competenciais, interviñeron catedráticos de Dereito Constitucional de universidades de Madrid, Cataluña e Zaragoza e de Dereito Civil da Universidade de Barcelona, así como la letrada xefa dos Servizos Xurídicos do Consello de Garantías Estatutarias de Cataluña.

 

SEGUNDA SESIÓN

La segunda sesión, programada para este venres, inclúe tres relatorios que abordarán “A revisión de oficio dos acordos de sociedades mercantís públicas”, “A revisión de oficio dos actos preparatorios, de adxudicación e de modificación de contrato de sociedades mercantís públicas” e “A responsabilidade patrimonial das sociedades mercantís públicas”. Os encargados de expoñer estes asuntos serán catedráticos e profesores de diversas universidades, entre elas, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) .

Esta actividade compleméntase con outra mesa redonda, nesta ocasión debaterase sobre “As sociedades mercantís nos procedementos sometidos á función consultiva”. Para abordar este asunto, os organizadores buscaron a experiencia de expertos en Dereito Administrativo.

En concreto, intervirán  José Luis Martínez-Alonso Camps,  membro nato da Comisión Xurídica Asesora de la Generalitat de Cataluña e director do Gabinete Xurídico de la Generalitat de Cataluña; Alfredo Galán Galán, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Barcelona e ex membro da Comisión Xurídica Asesora de la Generalitat de Cataluña (2016-2022);  Diana Santiago, profesora titular de Dereito Administrativo da USC; e Francisco Velasco Caballero, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid.

 

CLAUSURA

Por último, este venres terá lugar tamén a clausura das xornadas, coa intervención de Jaume Vernet i Llobet, presidente da Comisión Xurídica Asesora de la Generalitat de Cataluña; de Enoch Albertí i Rovira, presidente do Consello de Garantías Estatutarias de Cataluña, e de Salvador Illa i Roca, presidente de la Generalitat de Cataluña.

Galego